25 feb 2012

Realizada 2ª charla do Ciclo A Cara Oculta da Crise


" Temos perdido toda a confianza nos estados e nos partidos políticos. Non hai solucións nen alternativas dentro do Sistema. Estamos obrigados a crear Sociedade desde a base e desde as loitas dos Movimentos sociáis. Este encontro entre un sindicato Labrego e un sindicato obreiro é un paso importante e necesario".


Onte, Venres 24 tivo lugar no Salón Azul do Liceo de Betanzos, a charla-debabe sobre a Soberanía Alimentaria que tivo cono invitada a Sec. Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carmen Freire.
 Carmen abandonou o escano e achegouse cara o publico coa intención de facer da charla un debate coa participación de todos e todas. E pensamos que así foi.
Despois de expoñer resumidamente que é A Soberanía Alimentaria como alternativa política, e de falarnos da situación actual do agro en Galicia e en Europa, deuse paso a intervención dos asistentes, entre eles productores agrícolas da comarca. Insistiuse na necesidade de crear espazos para o intercambio de ideas e que tanto productores como consumidores temos que ofrecer alternativas sostibles para as nosas economías e por suposto respetuosas co medio.
Finalmente un compañeiro da CNT local agradeceu a todos a súa presenza especialmente a Carmen por vir ata Betanzos, e emplazou aos asistentes a participar de maneira activa na continuidade deste Ciclo de Charlas.
Houbo tempo tamén para recordar que a CNT xunto a outras organizacións sindicáis está a preparar  unha Folga para o día 29 de Marzo.
Desto ultimo Teredes cumprida información nesta páxina de Betanzos Libertario.

No hay comentarios: