17 may 2012

Próximas actividades da CNT de Betanzos.


A espera da confección dos carteis anunciadores, podemos adiantar que os primeiros Venres de Xuño, o día 1 e o día 8, continuaresmos co ciclo de palestras no salón azul do Liceo, encadradas no Ciclo "A Cara Oculta da Crise".

Venres 1 ás 20:30 horas, contaremos coa presenza das iniciativas de O peto, e Fiare Galiza apresentadas por Raúl Asegurado, e de Coop57 apresentado por Ana Lorenzo ou Manuel Rivera.
A palestra levará o titulo de
  "Finanzas éticas: O diñeiro ao servizo da tansformación social".





O Venres 8 ás 20 horas, contaremos coa presenza do membro de ADEGA, Ernesto Lopes Dias, Nés, e de dous compañeiros da Sección Sindical da CNT forestal, para tratar o Impacto dos Incendios forestáis, non só desde un punto de vista ecolóxico, senon tamén no que representa de impacto nas relacións económicas e sociáis da sociedade co entorno.

Relacionado con esta última, continuaremos o Sábado 9, cun roteiro polas fragas do Eume, para analizar en vivo, as zonas afectadas polo ultimo incendio. O roteiro de 7 km será circular empezando e finalizando no lugar da Ventureira. A idea é facelo na mañan do Sábado e rematar antes do mediodía, polo que non será preciso levar comida.

Nos próximos días iremos pendurando todas as novas que se produzan así como os cartéis definitivos.

No hay comentarios: