12 may 2012

Xose Manuel Beiras en Betanzos


Onte á tarde, Xosé Manuel Beiras, lider do Encontro Irmandiño, participou na nosa Vila nunha palestra organizada por unha nova asociación local de caracter nacionalista.
Ainda que os libertarios betanceiros non temos especial interés nos procesos internos do nacionalismo político, sempre é un pracer escoitar a este vello profesor. E realmente os que alí estivemos non saímos defraudados.

Beiras ten un xeito de falar deses homes sabios e con experiencia de mil historias. Non entraríamos a analizar o seu discurso se este tivera sido un discurso politicamente correcto e de autobombo, pero como non foi así, non queda outra que quedarnos con algunha das reflexions ditas, e que demostran que igual que outros moitos, Beiras, e esperemos que tamén o Encontro Irmandiño, camiñen cara unha nova maneira de creación de redes sociáis que fagan unha verdadeira Sociedade de abaixo cara arriba, e non ao revés como nos teñen feito os partidos políticos tanto na Dereita como na Esquerda.

O Profesor Beiras reflexionou en varias ocasións sobre os movementos de base que na Sociedade de hoxe conforman a verdadeira esquerda. E igual que lle temos escoitado a Carlos Taibo nalgunha ocasión, os vellos modelos non valen e temos que construir novas pontes. Nunca é tarde cando a xente honesta mira con interés as propostas que os libertarios levamos décadas defendendo.

No hay comentarios: