2 jun 2012

As iniciativas de banca ética

Onte, organizadas pola CNT de Betanzos dentro do Ciclo "A Cara Oculta da Crise", visitaronnos para facer a presentación das suas propostas, as Asociacións O Peto, Coop57 e Fiare. Tres iniciativas distintas pero complementarias todas elas ,xa que se moven en diferentes nivéis que van desde financiación a escala local e límitada (O Peto), apoio económico a Cooperativas xa a un nivel superior, e Fiare que evoluciona como referente da banca ética alternativa.
Ana Lorenzo e Raúl Asegurado, fixeron unha magnifica e amena exposición. Certamente nos fallou a asistencia de público que non alcanzou as cifras de anteriores convocatorias. Quizáis o elevado calor ou as datas nas que estamos, restaron afluencia. Unha magoa, porque os temas tratados nos pareceron moi interesantes.

asamblea constitutiva de Coop57 Galiza.

Desde a CNT de Betanzos estamos comprometidos a espallar estas iniciativas de traballo ético,social e colectivo, e agardamos que no futuro as relacións entre os colectivos que imos tecendo a rede social, vaian a máis.
Recomendamos: http://www.opeto.org/  http://fiaregz.wordpress.com/ e http://www.coop57.coop/galicia/ para coñecer de primeira man os proxectos e a vida destas asociacións.


No hay comentarios: