3 jun 2012

Os montes Galegos e a explotación da Terra na Cara Oculta da Crise


..."A sorte dos humanos está ligada á da Terra. O Espolio, a sobreexplotación dos recursos, a degradación do medio ou a eliminación da biodiversidade, xeran pobreza, paro e unha deterioración constante da calidade de vida no planeta, á que os humanos non somos alleos. Pola mesma, a pobreza, a falta de acceso aos recursos básicos de supervivencia, e a falta de educación nunha sociedade, xeran deterioro ambiental. A loita contra a pobreza e a exclusión e a loita pola Terra están intrinsecamente ligadas. Non se entende a unha sen a outra.
En Galicia, a crise pagámola as clases traballadoras e os ecosistemas. Nesta próxima conferencia imos debater sobre o coidado da Terra que nos toca defender, sobre as políticas de xestión de recursos, centrándonos na situación dos montes."...

Venres 8 de Xuño
Salón Azul do Liceo de Betanzos
20:00 horas

A Explotación da terra.
 A Crise desde un punto de vista ecolóxico. 
O Caso dos montes galegos.

Contaremos coa presenza de representantes das Seccións Sindicáis da CNT Forestal e da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).

Sábado 9 de Xuño
Roteiro Circular de 7 Km polas Fragas do Eume

1º Punto de Encontro: Polideportivo do Carregal (Betanzos) ás 9:30 horas.
2º Punto de Encontro: As Neves (A Capela). Frente a Casa Toñita ás 10:00 horas.
Hora aprox de Retorno: 13 horas.

No roteiro, contaremos con guías e xente especializada que nos irán contando os aspectos prinicpáis do Impacto dos Incendios forestáis no ecosistema.

No hay comentarios: