9 jun 2012

SERVITAL. O que os veciños de Bergondo deben saber


"En Servital prestamos ayuda a aquellas personas,que por su edad o por su estado físico, la necesitan. Con la garantía de estar en manos de expertos,cuyo trabajo viene reforzado por experiencias anteriores,SERVITAL trata de hacer que la vida de las personas sea un poco más agradable cada día".

Con este texto, a empresa SERVITAL recibenos na súa páxina.  Unha empresa con sedes nas catro provincias galegas e cunha delegación en Guísamo, delegación que presta servicios subcontratados polo Concello de Bergondo.

As traballadoras contratadas por SERVITAL foron no seu día subrrogadas do Contrato anterior do Concello. Nese afán privatizador dos Concellos que nós non compartimos, vemos como dos orzamentos Públicos van cartos para empresas que se lucran a costa de reducir os dereitos dos seus traballadores.

CNT, está a informar ás traballadoras de SERVITAL dos incumprimentos e ilegalidades da súa contratación. En breve a empresa e o Concello (que non vale con mirar para outro lado) saberán das irregularidades que están acontencendo. E despois xa non poderán dicer eso de " Nada sabiamos".

¿Serán tan irresponsables de deixar a asistencia do seus veciños e veciñas nas mans dunha empresa con un emprego tan precario e cunha movilidade que mete medo.?¿Serán Cáritas e Médicos sen fronteiras como entidades colaboradoras, sabedoras destas prácticas?.

..... nas próximas semanas, máis...... como nas telenovelas.

No hay comentarios: