18 jul 2012

Reflexions dunha noite de verán

"la libertad guiando al pueblo"

Motivados polos calores das noites de verán, seguramente non será a Revolución Social nos vindeiros días. Pero non pensamos que tarde moito. Polo menos así quiseramos.
Pensar que fai catro días, eramos ben poucos os que berrabamos nas rúas cando pasabamos en manifestación por diante do Parlamento "Ahí está a cova de Alíbabá" e que agora anda medio país con este e outros cantares, non quere significar que vaia caer o "Palacio de Invierno" nin tan siquera que vaian os políticos todos a fuxir co rabo entre as pernas. Non. Non imos ser tan inxenuos, pero o certo é que tan pouco andabamos nas berzas cando diciamos que algo, - algo ten que pasar-.

De momento os ferroviarios xa anuncian paros porque teñen medo que coa privatización de RENFE en catro novas empresas, queden centos ou milleiros, no paro. As asociacións progresistas e conservadoras (vai ti a saber quen son eses) das maxistraturas, andan tamén alporizados. E non digamos os farmaceuticos.
Os traballadores do Sector Público (funcionarios e non funcionarios) que son algo máis de 2,5 millons vanse quedar sen paga extra. Máis ou menos unha rebaixa do 7% a maiores do 5% que xa lles quitaron meses atrás. Profesores,Sanitarios, Bombeiros, Persoal dos concellos, policías...... Manda carallo.

Os parados todos (sin distinción de sexo, idade nin color- político-), rebaixan a súa prestación. Para motivarse claro.

E como a Reforma laboral non foi feita para quedar escrita nun papel, todos os traballadores do Sector Privado, da Industria, da Construcción, do Sector Servicios. Os fixos e os eventuáis. Os vellos e os novos. Todos. Iremos detrás porque xa temos Lei que o permete, e modelo para copiar. Así que preparemos os petos, que a cousa non vai tardar.

Fábregas meteu un gol. Perfecto. Disfrutadelo. Que agora toca defender. E nas cousas de Organización Obreira, neso andamos un pouco febles. Hai que ir espabilando.

Un veciño preguntame que onde están os anarquistas. Apenas hai meu. Se houbera moitos deseguro que non ían estar tan crechos os gobernantes. Non desesperen amigos.Aínda hai tempo. Todo e poñerse.


No hay comentarios: