14 ago 2012

Conflictos, ERES e Folgas de Fame



No mes de Agosto e como avance dun Outono que promete movido, a vida confederal continúa.
A Panadería Pangarcos pagou, e agora vaille tocar a quenda ao Hostal  Bariloche, que pagará tamén. As empresas que non fan contratos, non pagan as vacacións e pensan que xa entramos nos tempos dos feudáis, vanse topar coa CNT, tardemos un mes, ou tardemos dez, Van pagar.

Os empresarios grandes e listos, non van as bravas, e de maneiras pseudo-legáis queren facer igual, e amparados nunha Lei que lles deixa facer, queren desfacerse da xente e pagar pouco. A CNT vailles parar os pés tamén, con ERE ou sin ERE. Así que COREMAIN, vaite preparando. 

E cando non hai traballo, non hai paro, non hai subsidio algún e por riba ven o deshaucio da túa casa, non queda outra que ir a por todas. Neso está a nosa compañeira Chus Vila, compañeira da CNT, que fai tempo marchou ás Canarias na procura do traballo que a sua terra lle negaba.
Chus está en Folga de Fame en Fuerteventura. Vai por todas. Sábemolo porque é unha muller forte e de ideas claras. Non queda outra que darlle moitos ánimos. Ela quere que toda a sociedade saiba da súa loita. E Betanzos Libertario súmase á campaña de denuncia.

No hay comentarios: