23 ago. 2012

GABRAT.S.L. Un novo exemplo de explotacion laboral


A CNT de Vigo ven de publicar un novo caso de explotación laboral. Tratase de Gabrat. S.L.,empresa ubicada en Porriño, onde este sindicato de Betanzos ten un compañeiro desprazado. O Sindicato de Oficios Varios de Betanzos apoiará en todo o que precise a este traballador como ao SOV de Vigo na denuncia das condicións laboráis e abusos patronáis desta empresa.

GABRAT S.L. explota e non paga
Vigo. 22 Agosto, 2012 - 19:25
Gabrat S.L. é unha empresa radicada en Porriño e adicada principalmente á obra pública. Con tan só 10 empregados ten facturado no último ano 2,5 millóns de euros.
O seu propietario, Guillermo Villar Díaz, é famoso en Porriño pola súa forma de actuar despótica, ademais de ter varias empresas e cargos importantes noutras tantas. Don Guillermo ten o costume de non pagar as nóminas dos seus empregados, nin en tempo nin en forma: a día de hoxe débelles aínda unha paga do ano pasado. Ao tempo, non ten reparos en pasearse no seu novo automóbil de 40.000 euros. ¡Non, se chulería non lle falta!
De poucos meses a esta parte, Gabrat S.L. semella recortar gastos coa famosa fórmula de despedir aos empregados de máis antigüidade e contratar outros novos con menor salario e dereitos. Non lle imos botar as culpas de que os gobernos poñan esto cada día máis doado para empresarios piratas.
Informacións de boa fonte deste sindicato, fannos sospeitar que, en breves, Gabrat S.L. vai dar suspensión de pagos. Ata agora os seus traballadores teñen actuado de forma confiada e sumisa e os que ousaron erguer a voz foron despedidos.
A CNT-AITde Vigo fai un chamamento a tod@s @s traballadores/as de GABRAT S.L. e das empresas de Guillermo Villar Díaz a que se organicen, se informen da situación e a que actúen en defensa dos seus intereses. A CNT-AIT de Vigo aníma@s a contactar con este sindicato e cos afiliados que a CNT ten nestas empresas.
¡A CNT non vai deixar impune as actuacións despóticas de empresarios explotadores! Utilizaremos as vías legais e sindicais que estimemos oportunas e, sobre todo, denunciaremos alí onde este home queira levar a cabo as súas prácticas proprias do século XIX.

Guillermo, paga o que debes!!!

4 comentarios:

sacho dijo...

saudos:

Sintoo pola situación de explotación que padecen todos os traballadores, e por suposto cos desta empresa, pero este comunicado é unha vergonza para organizacións sindicais que se pretenden serias.

Quero decir que equiparar a situación de traballo no século XIX, na que os nenos traballaban dezaseis horas ao día porque unh ducia deles eran máis baratos de alimentar ca un cabalo co feito, claro que lamentable, de que un empresario deba unha paga, é repugnante. Sinto falar así, pero é unha falta de respeto à clase traballadora no seu devir histórico, e denota unha cegueira que, sintoo decir así, vai levar á CNT a unha inoperancia absoluta, a un desarraigo social no que temo que xa se atopa.

Por suposto, é a mesma cegueira que leva aos autores do comunicado a non ser capaces de identificar que é o empresariado como clase o que está detrás das reformas estruturais de RAjoy. Esta cegueira é máis propia dun grupo de adolescentes facendo gracias e repetindo palabras fortes ca dunha organización sindical consciente de ter nas súas mans a vida e a miseria dos seus afiliados.

E é unha mágoa, o mundo precisa da CNT, pero comunicados como este e outros que alcanzan o nivel do noxento, asinados pola CNT de Vigo, veñen a deixar claro que a CNT despreza ao mundo. Ese mundo que somos os traballadores, non ese mundo de encorbatados e de empresarios.

Suso García dijo...

Menudo rollo que tes Sacho.
Non é tan díficil de entender. Un tipo que fai e desfai empresas. Que non paga o que marca o convenio, que faite traballar 12 horas diarias, que suprime as vacacións,que ten xente traballando sen dar de alta, que fai fraude nas cotizacions etc etc.
¿Quen compara coa explotacion dos nenos? Tes un arguemento rebuscado que pretender botar merda sobre os comunicados da CNT de Vigo. Nada máis.

sacho dijo...

DEsculpa, pero ¿de onde saco eu que o tipo non paga segun convenio, que fai fraudes nas contratacións, que suprime as vacacións ou que a xente ali traballa doce horas por di? O comunicado non o di, so di que o tipo non pagou unha nómina, e sen embargo dedicase a chamarlle sumisos aos obreiros e a comparar unha situación que non explicita coa brutal, asesina, explotación do século XIX, sobre a que o tema dos nenos so era un exemplo. Non trato de botar merda, pero se non podedes asumir un comentario, ou unha critica analítica, e preferides lanzar comunicados como ese, que nin sequera explican o que pasa na empresa, seguide polo voso precipicio. Porque claro, ¿eu teño que entender que a CNT denunciou a situación como corresponde legalmente (non creo que aquí se deba falar das prácticas de acción directa)? Non, o que entendo é que a acción sindical da CNT se reduciu a lanzar un comunicado que non entende ninguén. E sí, denunciar con éxito esa situación é fácil. PEro bueno, eu sigo decindo que o mundo necesita da CNT, e parece que a CNT non quere estar a altura dos tempos. Vale, pero é unha desgracia para todos.

Suso García dijo...

Eu chamome Suso e fago comentarios igual que fas tí.
A CNT non te responde, respondote eu.
¿entendes a diferencia?
Saúdos.