5 sept 2012

O Próximo Pleno da CNT Galaica, en Betanzos


O Sábado 15 de Setembro, Betanzos acollerá o Pleno da CNT da Galiza, coa participación de todos os sindicatos adheridos. Neste Pleno a CNT tomará os seus acordos para os próximos meses, destacando a ratificación da adhesión do recentemente formado Sindicato de Oficios Varios de Vilargarcía e Comarca de Arousa, a formación do novo Secretariado e outros asuntos de caracter interno ou de toma de posicións ante un outono que se presenta moi quente.
Desde Betanzos Libertario desexamoslles moito acerto nas súas decisións e que continue o fortalecemento da Organización na nosa comunidade.

Para os afiliados/as da CNT de Betanzos, recordamoslles que o Luns 10, terá lugar a asemblea do Sindicato onde tomaremos acordos para dito Pleno. A convocatoria coa Orde do día, xa  foi enviada por correo.  

No hay comentarios: