25 sept 2012

Arranca o grupo de consumo consciente

Queremosvos informar da Constitución e posta en marcha dun Grupo de Consumo en Betanzos.

1. O Sindicato xoga un papel organizador e coordinador. Desde a Secretaría de Acción Social tomouse a iniciativa de facer as primeiras reunións informativas. O Grupo e totalmente independente do sindicato tanto na toma de decisións como na tesoureiría.

2. O Sindicato aporta a infraestructura básica. O local do sindicato abrirase todas as semanas durante 4 horas para facer o reparto de pedidos. Os horarios non interfiren en nada a vida sindical normal.

3. Os socios/as non teñen porque ser afiliados. O grupo pretende abrirse a todos os interesados sexan ou non afiliados. Todos participan nas mesmas condicións.

4. A CNT de Betanzos marcou simplemente 3 condicións.
Para os productos perecederos ou de Horta.

a- Os productores teñen que ser da Comarca

b- Os productores teñen que traballar de forma respetuosa co medio ambente e preferiblemente co selo de “agricultura ecolóxica”

c- Os productores non poden ser empresas con asalariados. A CNT admitirá  empresas familiares e cooperativas que non exploten man de obra e fomentará a economía autoxestionada.

Para os productos imperecederos:

Asociamonos á Cooperativa de A Coruña ZOCAMIÑOCA e aos productos e productores cos que traballan

5. O funcionamento do Grupo e moi básico. Os asociados fan vía correo electrónico un pedido semanal antes do mércores. Os Xoves á tarde pasarán a recoller o pedido ao local do sindicato.

De momento contamos coa oferta de 15 productos aprox. de temporada e de máis de 150 dos que proceden da Cooperativa Zocamiñoca.


Toda modificación ou cambio na maneira de traballar virá determinado polas asambleas de consumidores e productores, quedando o sindicato alleo a estas, agás pola participación dos afiliados do sindicato que poidan ser aomesmo tempo socios do Grupo de Consumo.


Animádevos a participar. Poñedevos en contacto coa CNT de Betanzos: betanzos@cntgaliza.org.




No hay comentarios: