16 oct 2012

A CNT inicia conflicto contra Galipack Express


A CNT ven de dar os primeiros pasos para demandar a GALIPACK EXPRESS (máis concretamente contra Transportes García Santos S.L.), empresa de transporte de mercadurías sita en Oleiros (A Coruña). 

O Sindicato ten detectado que esta empresa ten contratos en fraude de lei, e que non está aplicando o "Convenio de Transporte de mercancías por carretera". Galipack ten conductores contratados con contratos  eventuáis en rutas de reparto fixas, e por riba pagandolles según o convenio de Mensaxería.

Nos próximos días o Sindicato irá facendo públicas todas as medidas legáis e sindicáis que se van levar a cabo, e aproveitamos esta comunicación para facer un chamamento aos traballadores de Galipack e a todos os do transporte en xeral a que contacten cos sindicatos da CNT, para asesorarse sobre este e outros asuntos que a nosa asesoría xurídica está a estudar.

O conflicto de Galipack está sendo coordinado desde o SOV de Betanzos da CNT.

No hay comentarios: