9 sept 2012

Grupo de Consumo Consciente en Betanzos



Desde a Secretaría de Acción Social do Sindicato de Oficios Varios de Betanzos e comarca estase  a dar forma e contido a un grupo de consumo consciente. 

Os primeiros pasos deronse no mes de Xullo onde o Sindicato contactou con productores locáis e ecolóxicos coa idea de crear unha rede que posibilite a compra colectiva de alimentos da Comarca, potenciando así as ideas-forza da Soberanía Alimentaria.

Ademais, este grupo pode ser o xerme de futuras colaboracións no laboral, que nos sirvan para levar máis lonxe e con maior eficiencia a creación de alternativas globais ao sistema.

Pois ben, barallamos a posibilidade de facer unha primeira reunión de organización e contacto o venres día 14 de setembro (pendente de confirmar segundo as posibilidades dos convocados) . Contamos con todas as persoas que manifestaron interese e outras que poidan recibir a noticia a partir de agora. 
Se estades interesados poñedevos en contacto co correo electrónico do sindicato betanzos@cntgaliza.org indicando no asunto "Grupo de Consumo". Desde a Secretaría de Acción Social poñeremonos en contacto  para informarvos dos preparativos.

No hay comentarios: