9 feb 2013

CNT inicia conflicto contra Vidal y Gudiña S.C. (La Fortaleza)

Sección de Hostalaría do SOV- Betanzos.

A CNT inicia conflicto contra a empresa Vidal y Gudiña S.C. e o seu propietario Mario Vidal que rexenta entre outros o establecemento hostelereiro "La Fortaleza" na Praza de Azcarraga na Coruña.

A nosa compañeira Fátima camareira, e veciña de betanzos,  foi despedida trás traballar neste establecemento con contratos encadeados en Fraude de Lei.

Durante todo o tempo do contrato, a empresa non lle abonou nen os pluses de nocturnidade, nen as horas extraordinarias nen os festivos, como tampouco os 15 días de vacacions que non chegou a disfrutar. 
Despois do fallido intento de negociar estas débedas e ante a negativa da empresa a abonalas. Este sindicato iniciará conflicto levando as accións legáis e sindicáis que estime necesarias.
Na CNT, cando tocan a ún, tocan a todos. O Conflicto non o tes con Fátima, telo coa CNT.

Mario Vidal González, paga o que debes!!

No hay comentarios: