16 mar 2013

Explotación laboral en Betanzos


“Somos una agencia de viajes con más de 20 años de experiencia en el sector de turismo. Somos la agencia gallega más innovadora"

Desta maneira tan comercial da a benvida a páxina cazatuviaje.com, empresa radicada en Irixoa e rexentada por Doña Vanesa Lado e o seu marido. Imos ver cuan innovadores son.

Ata fai poucos días levaban a Franquicia de Viajes Ecuador na betanceira "calle del Rollo". Non queremos pensar que Viajes Ecuador é conocedor dos feitos que ímos relatar, polo que ten de dano a súa imaxe. Seguramente o contrato de franquicia impide desenvolver actividade dentro do mesmo sector, pero eso non nos corresponde ao Sindicato investigalo. Nós estamos para defender os intereses dos asalariados, máis cando non se cumpre o contrato oral. Contratos que tamén hai que respetar.

Nos pasados días recibimos no sindicato unha denuncia dun traballador que nos conta que despois de 5 meses de traballo nesta axencia, e tras acordo verbal de remuneración en canto as "cousas empezaran a ir mellor", atopase un día coas portas pechadas, e sen recibir un peso polo traballo feito. 
Por suposto non houbo contrato escrito ni alta na Seguridade Social. Os estafados somos todos.
Poñemonos inmediatamente en contacto coa empresa vía telefónica para preguntarlles por esta situación a fín de chegar a un acordo antes de ter que actuar como demandantes. 
No outro lado do telefono nos responde a berros unha suposta emprendedora. A resposta nos deixa "atónitos" 
- Non era un traballador. Fixo certos traballos como amigo e colaborador.

Resulta que o amigo e colaborador estivo facendo horario laboral de 10 a 14 horas e de 16,30 a 20 horas, nun local comercial (Axencia de Viaxes), facendo o diseño da páxina web, atendendo ao público, utilizando as contas de correo electrónico da empresa, participando en FITUR como membro da mesma..... etc etc etc

¿E a esto chamánlle amigo colaborador?

A CNT de Betanzos ten un dossier de correos, menxaxes, fotografías, sinaturas, testemuñas dos negocios da rúa, e outros que non delatamos porque serán usados na demanda, que vai demostrar ante os traballadores de Betanzos e a opinión pública en xeral, a explotación que algúns, utilizan aproveitando o paro e a necesidade de traballar como sexa, que teñen as persoas sen emprego. 
E nós non ímos a permeter estas prácticas de ninguha das maneiras.

Non lle pedimos a empresa nada que o noso compañeiro non traballara. 5 meses de traballo co salario que marca o convenio. Nin un peso máis nin un peso menos.

Seguiremos informando. 

No hay comentarios: