13 mar. 2013

Consumo e Ensino Responsabéis. Facendo Sociedade.


Hai poucos días, recibimos unha chamada no sindicato, dunha profesora do IES As Mariñas, interesada en contactar co Grupo de Consumo, para falar co alumnado da ESA (Educación Secundaria de Adultos) no departamento de Ciencias. Así, o pasado xoves, o noso compañeiro Pepe Valverde, en representación do Grupo, participou nunha das aulas de noite onde explicou os motivos polos que este sindicato fomentou a formación e a autonomía de dito Grupo de Consumo. 

"...explicamos as razóns que nos levaron a impulsar o grupo de consumo: xerar alternativas a un sistema de producción e distribución de alimentos, moi dependente do petróleo e polo tanto, moi pouco sostible. Falamos ademais da dinámica do grupo, dos productores que nos abastecen e dos sitemas para poder participar."....
..."Agradecemos a oportunidade que se nos brindou de falar do grupo de consumo en un lugar tan axeitado como é un instituto. A educación de calidade ten que mirar cara a sociedade e abrir canles de diálogo con ela."...

Desde Betanzos Libertario agradecemos igualmente a oportunidade dada de explicar as nosas actividades ante unha treintena de persoas da nosa vila. Agardamos que a xente vaia entendendo que a saída da crise virá dada pola nosa actitude e pola nosa acción.

No hay comentarios: