27 nov 2013

Bidu Viajes versus Cazatuviaje.com


"Hola a todos, somos una agencia de viajes de nueva creacion...."




Bidu Viajes anunciase como unha axencia de nova formación. Efectivamente o nome comercial é novedoso, pero esta empresa rexentada por vellos coñecidos deste sindicato, nón é outra cousa que o novo pintado de cara de Cazatuviaje.com.
Cazatuviaje.com está demanda pola CNT por ten contratado sen dar de alta na Seguridade Social ao noso compañeiro Iván, e por unha débeda con él polos meses de traballo non remunerados. As demandas por cantidades son lentas na Xustiza, pero a CNT vai chegar ata o final


Bidu Viajes pode cambiar o nome cantas veces queira. Esperemos que no futuro cambien tamén a sua peculiar maneira de entender as relacións laboráis.



Desde CNT animamos a toda a poboación a que boicoteen o traballo das empresas que non cumpren a lexislación laboral en materia de dereitos básicos dos traballadores. Ter un salario según convenio, e ter cotizado na Seguridade Social por cada un dos días traballados. 


No hay comentarios: