27 nov 2013

Xuntanza de Sementes no noso local



O día 4 de Decembro, as 21.00h da noite no local da CNT Betanzos, propoñémosvos unha xuntanza pra organizar un Encontro de Sementes en Betanzos, encadrado dentro da Rede Galega de Sementes.

Dende hai tempo, A Rede Galega de Sementes ven organizando diferentes encontros en distintos lugares do país.

Brevemente, describir o seu traballo e idea dos mesmos; que consistiría en platexar unha xornada ( dende a mañán a tardiña) na cal ademáis de distintos postos de productores e artesáns, así como a posibilidade de facer obradoiros/ debates/ mesas redondas... entorno a temática, ten lugar a mesa de intercambio de sementes.
O obxectivo desta mesa, é favorecer o intercambio e troco de sementes, coa finalidade de conservar a diversidade e calidade das nosas especies.
A idea desta xuntanza do día 4, sería atoparnos pra falar da organización desta xornada ( cómo preparala, contactar con diferentes axentes, repartir tarefas de organización e loxística do encontro, pensar en posibles obradoiros/debates/mesas redondas... que poidéramos considerar interesantes para o encontro...) e sobre todo xuntarnos pra intercambiar ideas e propostas pra facer e ofrecer unha bonita xornada de troco de sementes en Betanzos!
Esperámosvos o día 4 de Decembro, as 21.00h da noite, no local da CNT-Betanzoscon moitas ganas!
Un saúdo e ata pronto!

No hay comentarios: