A CNT prepara unha nova concentración contra o despido das nosas 3 compañeiras que conforman a Seccion Sindical nesta empresa no seu centro de traballo en Betanzos.
La Barraca, establecemento hosteleiro sito na Praza do Campo
en Betanzos, tiña traballando ás nosas compañeiras nunha situación de
explotación total. Non se lles aplicaba o convenio de Hostalaría e estaban
obrigadas a traballar máis de 10 horas diarias sen días libres nen vacacións.
Aínda así e una vez que foron renovados os seus contratos
temporáis, decidiron organizarse e constituíron unha Sección Sindical da CNT na
empresa. Cando lle comunicaron ao empresario que querían negociar as suas
condicions de traballo, o encargado do establecemento deulles o despido
inmediato.
As traballadoras e a CNT denunciaron o despido, e meses
despois o Xulgado de A Coruña emite sentenza que declara Nulos os despidos e a
obriga da empresa a pagarlles os salarios de todos estos meses.
A empresa está dando largas
non acatando a sentenza, e négase a readmitilas.
Ademáis durante o
proceso sae a luz que esta empresa non cotizou á Seguridade Social por ningún
dos traballadores que ten en Galicia, polo que estamos ante un fraude a gran
escala.
Moitos destes traballadores/as que pasaron durante este ano
por La barraca estanse afiliando no sindicato da CNT porque viron que nesta
Organización son os proprios traballadores os que deciden de que forma actuar.
Qué esixen as
traballadoras e a CNT?
-
A readmisión das 3 despedidas
-
O Cumprimento da sentenza e pago de salarios
atrasados
-
O Cumprimento da xornada laboral e da taboa
salarial do Convenio de Hostalaría
¡ Readmisión de Tania, de Vanessa e de
Mónica!
La Barraca. Paga o que debes!!!!
Traballador /a , se vives en Betanzos, a
CNT é o teu sindicato.
Afiliate para defender os teus dereitos
Sede do Sindicato
Avenida de Esteiro nº10 baixo. 15.401 Ferrol
Telefono: 981 300 250
No hay comentarios:
Publicar un comentario