19 ene. 2015

O sov de Betanzos integrase na Comarcal da CNT- Ferrol



No pasado ano, a asemblea de afiliados e afiliadas do Sindicato de Oficios Varios de Betanzos, tomou a decisión de integrarse na estructura organizativa da C.N.T. de Ferrol para poder dotarse de maiores recursos económicos e xurídicos ante o número de conflictos sindicáis que viña mantendo.

Pensamos que contando coa solidariedade dun sindicato de máis grande militancia e con maiores recursos de defensa xuridico-sindical, os nosos afiliados poderán contar coa garantía de seren defendidos coas ferramentas axeitadas.

Desde hoxe, poderedes continuar contactando con nós a través do correo betanzos@cntgaliza.org ou directamente co Comité Local do sindicato CNT  ferrol@cntgaliza.org. 

Para calqueira consulta sindical ou cita para afiliarse, teredes que enviarnos un correo ou ben facelo directamente na sede sindical chamando ao telefono 981 300 250.

Ferrol.
Avenida de Esteiro nº10 baixo. 15401 Ferrol-A coruña Ver en Google-Maps
Horario: 
Luns: 19:30h a 21:30h
Martes: 20:30h a 22:00
Mercores: 19:30h a 21:30h
Xoves: 20:30h a 22:00h
Venres: 19:30h a 21:30h
Sabados de 11:00h a 13:00h 
Asambleas: Xoves as 20:30h
Telefono: 981 300 250

No hay comentarios: