Na foto: Compañeiros da CNT Galaica na illa de San Simón (ría de vigo) que foi presidio nos anos 1936-1939. Recomendamos o documental "Aillados".
Comunicado do Secretariado Permanente da CNT.
Perante as discusións no Parlamento da Lei de Memória HistóricaSabemos que as leis nun sistema capitalista como o que estamos a sofrir forman parte dese mesmo sistema e favorecen o seu afortalamento e reprodución. Sabemos que “o que fai a lei fai a trampa” e que as leis serven tamén para dar unha apariéncia de cámbio “e que todo siga igual”. Sabemos que, en calquer caso, o importante dunha lei “progresista” é o seu desenrolo e aplicación se non quere convertir-se en papel mollado con función só propagandística (vexa-se, como exemplo, o direito ao traballo e a unha vivenda que anúncia a Constitución). Sabemos que a Constitución española non supuxo unha “ruptura democrática” coa ditadura franquista senón unha “adaptación” das suas leis à “nova realidade”, e que a Lei de Amnistía de 1977 foi unha “lei de ponto final” que deu toda a impunidade imaxinábel aos responsábeis da criminal ditadura (sob a excusa de sacar dos cárceres franquistas aos presos políticos), facendo-nos partícipes dunha “eterna transición” que deixa pendente de resolución inxustizas lacerantes..Sabemos que non se construe futuro sobre cimentos firmes esquecendo o pasado (olvido ao que se apuntaron alegremente todos os partidos da esquerda parlamentar para acoplaren-se ao novo poder), e que “nosa democrácia” non será tal, entre outras moitas cousas, até que se recoñeza oficialmente o noso pasado ignominioso, se faga xustiza e teña-se reparada a dívida coas vítimas (fuxindo das equidistáncias, de valorar por igual ou de dar “unha de cal e outra de areia”).Sabemos do peso (feito de medos, silenzos, manipulacións e confusións) que o franquistmo deixou nas mentalidades das persoas de várias xeracións (tanto de esquerda como de direitas), e no funcionamento actual de muitas institucións (a Igrexa, a monarquia...), partidos políticos, organismos (Fundación Francisco Franco...) e aparatos mediáticos (vexa-se o apoio editorial ao revisionismo franquista).Sabiamos tamén, por todo o anterior, que non cabia agardar grande cousa da Lei de Memória Histórica que o governo do PSOE estaba xestando (prevista para 2004 e retrasada en várias ocasións) acuciado por numerosos colectivos para a recuperación da memória histórica e de vítimas do franquismo, así como de asociacións internacionais de direitos humanos (Amnistía Internacional, Equipo Nizkor...), inclusive por organismos internacionais (como o Departamento de Desaparicións Forzadas ou Involuntárias da ONU, ou o próprio Parlamento Europeu), e que de facer algo seria debido à presión e ao ánimo de rentabilizaren eleitoralmente estas “preocupacións”.E asi foi!, unha vez mais (e agora xa non caben máis oportunidades, excusas, esperas) os que nos governan non estiveron à altura das circunstáncias, non tiñeron a clarividéncia nen a valentia necesárias para fechar o eterno capitulo supurante da nosa história, oferecendo-nos máis do mesmo… PARA ISO NON FAI FALTA NENGUNHA LEI.O anteproxecto de lei: “pola que se recoñecen e amplian direitos e se estabelecen medidas a favor de quen padeceu persecución ou violéncia perante a guerra civil e a ditadura”, que comeza con unha loubanza ao modelo de transición (sen nengunha crítica) e que non menciona nen unha vez o golpe de estado de 1936, NON SEGUE AS NORMAS INTERNACIONAIS DE DIREITOS HUMANOS ao trasladar a responsabilidade do Estado às asociacións e particulares (que recibirian subvencións para desenvolver labores como a localización e exumación das máis de 800 fosas comúns que sementan España...dentro do contexto histórico e non do xudicial como seria de obriga), propondo meras medidas de carácter asistencial cando non simples RECOMENDACIÓNS.Non só NON ANULA as sentenzas franquistas (cheas de irregularidades xurídicas) senón que equipara vítimas con verdugos (“cualquer que fora o bando”, art. 2) optando polo “divide e vencerás” cando propón a posibilidade de obter unha “Declaración de reparación e recoñecemento persoal” (art.4) que INDIVIDUALMENTE deberá ser solicitada à Comisión Inter-ministerial para que, através dun Consello, resolva publicando-o no Boletín Oficial del Estado. En definitiva, algo moi semellante às “solicitudes de depuración do expediente” que no franquismo realizaron os Xulgados de Revisións do Ministerio de Educación nacional para voltar habilitar a mestr@s depuradas.Para rematar as solicitudes terian un prazo de 1 ano para seren apresentadas coa documentación precisa (documentación que dado o estado dos arquivos e o seu difícil acceso, nun país sen una lei de arquivos e con unha normativa de 1901 que os rexe, fai-no imposíbel en moitos dos casos), e de nengún xeito serviria “para que se recoñeza cualquer tipo de responsabilidade patrimonial do Estado” (art. 7.2), sen criar unha oficina de información de desaparecidos nunha Fiscalia especial para obrigar às distintas administracións públicas a facilitar documentos, información sobre fosas...(por exemplo à maneira que o franquismo levou a cabo desde a chamada “Causa General”).As compensacións económicas às vítimas, que se plantexan como novas ou ampliación das existentes, apresentan-se unha vez máis sob o paráguas das medidas puntuais e restrititivas onde as compensacións non se deben à condición e recoñecemento de vítima senón como concesión administrativa, sen ser proporcionais ao dano infringido e sen procurar responsábeis (impedindo facer oficialmente público os nomes dos responsábeis da represión -art.7.3- cando segundo a normativa vixente o segredo documentar só chega aos 50 anos).E nós nos perguntamos : Onde está a devolución do património incautado a particulares e colectivos ? (o de CNT, valorado en máis de 150 millóns de euros, só foi devolto en 30 anos de “democrácia” nunca porcentaje ridícula, recibindo a UGT 60 veces máis : o uso da memoria histórica para a reparación e a xustiza senón para uso político); onde está o recoñecemento e compensación aos guerrilleiros antifranquistas, aos asasinados pola policia até 1980 (a compensación económica chega só até 1977); onde a compensación por parte do Estado e as empresas beneficiadas polo traballo escravo dos presos políticos?; onde a condea firme da apoloxia do franquismo (e a sua inclusión no sistema educativo?; Seguirá-se oferecendo subvencións públicas a aqueles colectivos e institucións que fan apoloxia da ditadura ?Con todo, do máis cínico e rechazábel do anteproxecto é a xustificación de acudir exclusivamente à memoria individual e familiar negando unha memória colectiva (para iso non fai falta lei) que é tildada de “suposta memória” (Exposición de Motivos), cando unha das principais reclamacións das distintas asociacións e colectivos é a necesária socialización da história, en aras da xustiza e a reparación, e como todas as leis internacionais de direitos humanos exixen. Que é iso que non é tarea do legislador implantar unha “determinada memória histórica”, talvez están-se a referir aos conceitos de nación, nacionalidade, españois ... que aparez facendo referéncia a unha “determinada memória histórica” ao longo de toda clase de lexislacións ?E, como falar de “educación en valores” cando a condea de crimes é condición prévia para non repetí-los e instrumento fundamental para a educación neses valores?; como falar de “educación en valores” cuando o governo NON FIRMOU ainda o Convénio para a Imprescriptibilidade dos Crimes de Guerra e Lesa Humanidade da ONU; cando mantén unha pollítica de “paus de cego” en relación à recuperación da memória histórica, reunindo-se coa Falange, facendo desfilar co mesmo valor a un resistente republicano e libertador de París con un divisionário da Azul, acudindo presto à inauguración dun museu sobre o militar xenocida (en España e Marrocos) Mizzian, apoiando a construción dun hotel de luxo en Casas Viejas (Cádiz) co reclamo da matanza de xornaleiros de 1933, concedendo o Prémio Príncipe de Asturias 2005 às “Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl” (carcereiras das presas políticas)?; como falar de “educación en valores” cando se nomea comisário provincial de Tenerife a A. Gil Rubiales (condeado en 1989 polo Tribunal Supremo por torturar até a morte a J. Arregui), e cando se soportan as denúncias da “Coordinadora para la Prevención de la Tortura” (que para 2005 aportan 598 casos en España)?.Se algunha virtude ten este anteproxecto é amosar claramente o patético modelo de transición e por extensión o de pór en cuestión o noso presente, tendo o honor de ter a TODOS EN CONTRA: às numerosas asociacións e colectivos, que non foron tidos en conta à hora de seren informados das características e evolución do anteproxecto, cando na Exposición de Motivos recoñece-se que xurde para dar “definitiva resposta às demandas deses cidadáns” porque “se trata de peticións lexítimas e xustas”...SEN COMENTÁRIOS.Mais o importante agora é que @s net@s, bisnet@s, fill@s conscientes e protagonistas de aquelas épocas manteñamos as revindicacións e as loitas, que nengún colectivo se acolla às distintas subvencións que rematen lexitimando esta futura lei… e que non compren o noso silenzo desa maneira…. con catro pesos, con unha medallita ao Mérito Civil (art. 21), ou con un selo conmemorativo (Ley 24/2006 pola que se declara 2006 Ano da Memória Histórica).

No hay comentarios:
Publicar un comentario