Non queremos aquí dar os detalles das moitas noticias que está dando esta folga que vai polos 6 meses de duración. Desde centos de pequenas concentracións como a da fotografía anterior ata manifestacións de milleiros de persoas, nestes 6 meses xa ten pasado de todo. Despido dos delegados sindicáis da CNT (6), ameazas e agresións aos integrantes do comité de folga, intento de compra dos folguistas, ameazas de expulsión por ser inmigrantes (caseque todos eles).
Para ver polo miudo a CNT ten feito unha paxina especifica deste conflicto .Para ver pincha (aquí).
A CNT reforzase nas loitas e cada día que pasa son máis os folguistas do Centro Loxistico (almacen de reparto) e están aparecendo novas seccións sindicáis, debido o acoso que están a sufrir os traballadores. Na Galiza formouse hai poucas semanas a Sección para Lugo e Pontevedra, e en breve tense pensado en facela nos centros da provincia da Coruña.
Traballadores de Betanzos e comarca. A poucos kilometros de Betanzos, en Oleiros existe un centro de Mercadona. A CNT chama a non comprar e boicotear este centro namentres Mercadona non respete a libre asociación e readmita os despedidos. A solidariedade e a unión contra o capitalismo salvaxe é a unica ferramenta que nos queda para evitar que a Patronal faga o que lle pete sen respetar ne tan siquera os mínimos da lexislación que eles asinaron.
¡¡¡ Boicot a Mercadona en Oleiros.!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario