4 may 2007

A CNT saíu ás ruas no 1 de Maio

Foto: 1 de Maio de 2007. Vigo.
Con máis de 30 manifestacións por toda a peninsula (dous delas en Galicia, Compostela e Vigo) a CNT demostrou este ano como ten cada vez máis poder de convocatoria. Os sindicatos de Galicia tomamos a palabra para denunciar non só as politicas que desde os diferentes partidos no poder van encamiñadas a favorecer aos empresarios namentres os dereitos dos traballadores vanse reducindo, senon tamen para facelo cos sindicatos de liberados que cambian dereitos colectivos por privilexios para uns poucos listos, que viven do sindicalismo esquecendo a precariedade e a desprotección total dos traballadores.
O Anarco sindicalismo camiña pouco a pouco pero cada vez son máis os que se achegan a escoitar a voz do sindicalismo sen liberados nen subvencións.
Todos os actos deste ano contaron con máis grande numero de asistentes que anos anteriores nun momento onde os sindicatos do poder perden capacidade de convocatoria.
Os compañeiros de Betanzos, Abegondo e Paderne achegamonos ata Vigo para participar dun acto unitario cos sindicatos da Galiza, e fumos quen de comprobar a capacidade oratoria dos nosos compañeiros que tomaron a palabra no mitin e tamén de compartir unhas horas de confraternidade libertaria.
Para máis información sobre os astos de Compostela e Vigo en www.cntgaliza.org
Para máis información sobre os actos de toda a Confederación en www.cnt.es/1mayo/home.php

1 comentario:

Anónimo dijo...

moi boas as palabras do compañeiro do sindicato do Ferrol sobre a historia da CNT
saiamos adiante!
ánimo ca loita!