Non podemos esquecer por un momento todo o relacionado con este caso. Amigo persoal de algún de nós, e sobre todo unha persoa á que a CNT lle debe moito pola seu traballo de investigación da nosa Historia, desde CNT Betanzos seguimos a dar publicidade dun asunto que nos fai lembrar tristemente tempos pasados.
O historiador Dionisio Pereira será xulgado o 2 de Outubro
O pasado 18 de Xullo nos xulgados da Estrada tivo lugar a vista previa do xuízo por motivo da denuncia presentada pola familia Gutiérrez contra Dionisio Pereira quen mencionara nunha das súas investigacións a R. Gutiérrez como represor na vila pontevedresa de Cerdedo, durante e despois da Guerra Civil ( na vila de Cerdedo habia un sindicato de canteiros da CNT).No acto de avenencia non se alcanzou nengún acordo polo que o xuízo celebrarase o próximo 2 de Outubro ás dez da mañá. A avogada que defende a Dionisio Pereira, Jacoba Millán, explicou ao termo da audiencia previa que a xuíza aceptou a proba documental de contestación ao xuízo e tamén a testifical, relativa ás persoas que atestiguarán que os individuos aos que Pereira citou como represores “estiveron involucrados en actos previos á Guerra Civil” como “paseos” (eufemismo utilizado para describir os asasinatos sen xuízo). Pola súa parte Dionisio fixo unha valoración positiva de que se “admitiran todas as probas”, até as sobrevindas con posterioridade á denuncia. O historiador destacou que, “lamentabelmente”, tanto el como a familia denunciante, están vivindo “unha situación moi desagradabel” pero que co “apoio de historiadores” cada día consegue “máis fontes” e demostrará que a quen citou participaron na represión. “Se queren salvar ao home”, polo que aconteceu hai 71 anos “non o van conseguir”. Dionisio Pereira conta co apoio de historiadores a até da Universidade de Santiago de Compostela. Na vista previa tamén contou co respaldo de integrantes do Ateneu Republicano da Coruña, os colectivos da Memoria Histórica, así como da CNT de Pontevedra e Compostela. A familia dos denunciantes non se atreveu a acudir á vista previa e foi representada polos seus avogados quen rexeitaron o principio de acordo que lle ofreceu a avogada de Dionisio Pereira.
Noticia copiada integramente da web de CNT galaica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario