Un novo sector de traballadores precarios estase a organizar na CNT.
O Sector da arqueoloxía que nada ten que ver co mundo de Indiana Jones, agás que queiramos comparar aos nazis das peliculas con certas administracións e Empresas privadas, no tocante aos dereitos dos seus empregados.
Todo enpezou en Cataluña. Os nosos compañeiros de Tarragona foron os primeiros en facer unha folga neste sector. Como ningúen do sindicatos "maioritarios" esperaba que as cousas foran ben, andaban a negociar un convenio que levaba un par de anos parado. Os cenetistas decidirosn pois esixir a estabilidade laboral organizandose por fora dos comités. Curioso que alcanzando o maior numero de afiliados entre os sindicatos, ningúen quisera recoñecer á CNT. Non importou seguiron adiante e gañaron.
Esto parece que vai animando aos compañeiros do sector e preparanse reunións en outros lugares (Andalucía), e como resulta que en Galicia non somos menos, pois xa andamos tamén a preparnos para o convenio.
Os arqueologos admitiremos entre nós a Indiana Jones, pero aquí vai que traballar como os demáis, se quere un posto de liberado vai ter que ir aos sindicatos do Sistema. De seguro que o poñen de Secretario Xeral. A súa fama vende, e iso é o que conta.
Pd: Moi interesantes os enlaces engadidos no texto. Son realmente os que dan unha idea do traballo que se está a facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario