11 oct 2007

As vítimas betanceiras da represión.1936-1939.

Na foto: Manuel Vales e dous amigos co periodico CNT que vendía en Betanzos.


Do ultimo Anuario Brigantino pertencente (nº29- ano 2006) destacamos o traballo de Xesús Torres Regueiro, historiador e veciño desta vila. Tratase deun informe sobre as vítimas betanceiras da represión fascista de 1936-1939. Torres recupera os datos persoáis e familiares actualizando e correxindo erros publicados anteriormente. O traballo de Torres é un traballo feito a travé de moitos anos de investigación nos arquivos e grazas a testemuñas directas destes feitos.
Presenta ademáis un amplo material fotográfico de moitos dos represaliados. Todo un documento gráfico. Escollimos esta foto porque dalgunha maneira sentimonos continuadores de este compañeiro, e hoxe como onte, continuamos a vender nas rúas de Betanzos, o noso xornal CNT.
Pd: Agradecemos a Suso Torres o envío desta fotografía para podela publicar aquí.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Meu tío-bisavó pertencía ó CNT. Guindáronlle un tiro na caluga en Trasanquelos na posguerra, precisamente por ser anarco...
Eu son coma el e gustaríame afiliarme ó sindicato.

Anónimo dijo...

Deixanos un telefono ou enderezo pra poñerse en contacto contigo.

Saúde.

Anónimo dijo...

supoño que vale o correo electrónico

rastafyahbwoy_777@hotmail.com

Graciñas.