26 oct 2007

Conflicto con Mistralina S.L.




O sindicato da CNT de Vigo ven de interpor catro denuncias de catro das suas afiliadas contra a empresa Mistralina S.L. servicios y productos de limpeza tecnica, con sede na rua Purificacion Saavedra nº 12 Vigo.Don Jose Angel Romero García, propietario da empresa, ten encima unha enorme cantidade de irregularidades, habituais no sector, as que se suman o seu desprezo cara as suas traballadoras e o acoso as que as ten sometidas. O traballo se fai baixo a formula de contrato por obra, facendo con ese mesmo contrato mais de 50, cando debería haber un contrato por cada unha das obras e os seus correspondentes finiquitos. As traballadoras estan a cobrar por debaixo do salario minimo interprofesional, e moi por debaixo do convenio do sector. A politica contra quen protesta e a ameaza e a retencion do soldo ata o día 20 do mes a represion verbal e o despido. A normativa de saude e hixiene e ignorada por completo, as traballadoras non dispoñen de roupa de traballo, son obrigadas a comer dentro da obra, non cobran plus de toxicidade.

A tactica levada ata o de agora por Jose Angel Romero García e o seu encarregado Sebastian D'Ugo e, como puido comprobar este sindicato, fomentar as rencillas entre as traballadoras creando asi desunión e impedindo a loita contra as condicións de escravitude as que estan sendo sometidas.Ademais a empresa ten feito grandes limpezas de traballadoras con despidos colectivos ilegais a conta da firma da baixa voluntaria, coa promesa de volver a chamar as traballadoras, cousa que, evidentemente, non ocorre.

O señor Romero acumula sentencias e denuncias na sua contra, xa foi embargado pola denuncia de outra traballadora por valor de 4200 euros, e persiste na sua actitude de explotacion.

A politica de explotación desta empresa se xunta coas outras duas empresas propiedade do señor Romero: Maslimpio en Teis e La Estanteria na rua Zamora, tamen en Vigo.

Durante esta semana, as traballadoras organizadas na CNT e as suas compañeiras teñen protagonizado ata duas concentracións por día fronte os negocios do señor Romero o longo de todo Vigo, informando da sua situación as demais traballadoras.

As traballadoras protagonizarán unha nova concentración o sabado as 10:30 da maña fronte a tenda MASLIMPIO na rua Purificacion Saavedra nº 12 de Vigo, o telefono e o 886 11 66 39 e o email maislimpio@mistralina.com O luns as 15:30 en Campelo (Poio, Pontevedra) a concentracion farase nun dos edificios nos que as empresa traballa, o lado dos edificios "boavista" preto da fabrica de cocacola.


Dende os sindicatos da Confederacion Nacional do Traballo de Vigo e Pontevedra facemos un chamamento a Solidariedade con estas traballadoras en conflicto.podedes contactar co sindicato de vigo no seu telefono, entre as sete e as nove da tarde, e co sindicato de Pontevedra no telefono movil provisional.


Sindicato CNT Pontevedra tlf. (provisional) 607 511 678

Sindicato CNT Vigo tlf. fax 886 116 558