"Pola súa especial idiosincrasia, o anarcosindicalismo non foi un movemento de líderes providenciais, senón máis ben unha corrente de masas artellada en torno a unha infiniadade de militantes, sindicatos, grupos anarquistas e ateneos libertarios. Resultaría falaz resumir a traxectoria do anarcosindicalismo galego a través dun pequeno número de militantes ou organismos. Por iso, o sentido deste traballo é ofertar unha visión do que foi o anarquismo n a Galiza a partir da colleita de información dun número significativo (500 voces) dos individuos e colectividades que o protagonizaron."
(da introducción)
O anarquismo na Galiza (Apuntes para unha enciclopedia) foi editado en Marzo de 2004 por Positivas. Os seus autores Eliseo Fernández e Dionisio Pereira son hoxe os mellores coñecedores da Historia do Movimento Obreiro anarcosindicalista na Galiza.
Outros libros indispensables para o estudo da CNT en Betanzos e na Galiza, son:
- O Movemento libertario en Galiza (1936-1976). Dionisio Pereira /Eliseo Ferrnández. Edicións A nosa Terra (2006).
- A CNT na Galicia (1922-1936) Dionisio Pereira. Edicións Laiovento.(1994)
- A II República nunha vila Galega. Betanzos (1931-1936). Xesús Torres Regueira. Edicións do Castro (2004).
- Anuario Brigantino 2006. Traballo de Xesús Torres. As vítimas betanceiras de represión.
*nota: Esta pequen noticia vai como resposta a un correo recibido relativo a demanda de bibliografía básica para o estudo da CNT en Galicia. Existen xa numerosos traballos sobre aspectos locáis o parciáis (sector pesqueiro, agro, mulleres, prensa etc) pero pareceunos que para persoas que se achegan por vez primeira o estudo do obreirismo ácrata galego, as obras de D. Pereira e E. Fernandez son as máis e mellor traballadas. As obras de Xesús Torres son asímesmo indispensables para o caso de Betanzos. Esperamos ter acertado coas vosas peticións. Gracias por ler á nosa páxina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario