1 ene 2008

2007.Un ano de Betanzos Libertario.

Despois de dous meses en probas nos fináis do 2006, Betanzos Libertario lanzase definitivamente na rede no ano que deixamos, e tocanos agora facer unha analise de quén nos visita e que temos aportado para o espallamento dos ideais e modos anarcosindicalistas.
Estamos levantando unha casa e sentimonos satisfeitos de axudar a outros na construcción da súa. O Blog da CNT de Lugo é un claro exemplo.
Se nun primeiro momento tiñamos dúbidas de se alguén tería interés na cousas que aquí poñemos, agora temos xa criterios dabondo para saber por onde imos tirar no 2008. Temos como veredes visitantes da Comarca (32%) e de outras terras de Galicia (34%). Tamén doutros lugares (19% P. Ibérica e 13% outros países) , polo que satisface saber que a lingua nón é obstaculo para chegar a outros pobos e que ademáis non temos que renunciar á nosa para seguir falando do anarcosindicalismo. Paxinas en inglés, francés e castelán hai moitas, e alegrámonos, pero na Galicia, os libertarios tiñamos que poder falar como se fai nas obras, nas fábricas e no agro. E por iso sabemos que fai da nosa páxina un exemplo de blog galego na lingua e Universal nas ideas que defende.
Ter máis de 400 visitantes/mes non é pouco. E saber que un cento o fan de modo habitual e para nós estimulo máis que suficente para continuar.
Gustarianos no 2008 tocar máis polo miudo o acontecer da vida Betanceira pero ata agora foi a nosa prioridade a formación do lector en temas como o mundo do traballo, a cultura, as loitas sociáis e que quen non sabía nada da CNT fose vendo como existe unha Oganización, aínda pequena sí, pero que contén tanta Historia, teoría e praxe, que non renuncia a se converter no futuro nun novo referente para as loitas obreiras.
Neste desexo e neste traballo andamos tamén quen formamos o colectivo redactor de Betanzos Libertario. Esperando para todos os que nos visitades que teñades unha boa entrada de ano, agradecemos a vosa confianza neste blog e esperamos que continuedes a visitarnos no ano que agora comenzamos.
Polo Socialismo Libertário. Saúde e Liberdade.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Aquí se cita al movimiento obrero de betanzos en particular y de galicia en general.

Ya tenemos la versión institucional de la historia del movimiento obrero en galicia.

Veremos que tal.

Salud

Anónimo dijo...

salud e anarquia