23 feb 2008

Libros, libros, libros

Na foto: Compañeiro portando os novos libros para a biblioteca confederal.

Hai días que da gusto vir do apartado de correos. Cada mes recollemos a prensa (cnt, tierra y libertad, solidaridad obrera...), pero hoxe atopamonos coas ultimas novedades editoriáis da Fundación Anselmo Lorenzo - La colonia de Aymare (1948-1954). Colectividad libertaria del exilio español en Francia- e - La razón libertaria de William Godwin-.
Pero o que máis nos fixo ilusión foron dúas publicacións feitas na Galiza. A elas imos adicar unhas poucas liñas.

Canteiros da Terra de Montes no exército popular da República. Album de Guerra. de Rogelio Arca Rivas e Dionisio Pereira.


"Aqueles vellos negativos que Rogelio puido salvar da derrota republicana xunto cun diario que apreciaba tanto como a propia vida, chegaron a nós 70 ano despois,algúns deles moi deteriorados polos fungos e a humidade, pero conservados dabondo como para dar testemuño perdurabel do compromiso daqueles traballadores da Terra de Montes cunha II R`publica que recibiran con grande esperanza e que cumpríu defender coas armas,arriscano a vida. Hoxe aos seus 94 anos, mercé á nunca desmentida lealdade de Rogelio Arca cos ideais liberadores, o exemplo xeneroso e rebelde daqueles homes de rexa feitura xa formará parte, pese a quen pese, dos sinais de identidade destas terras dabondo estragadas polo caciquismo de vella e nova fasquía"


Cunha tiraxe de 1000 exemplares convertese nunha xoia, polo que estamos ben orgullosos de contar con el. Vai ser dificil superar unha edición tan fermosa.

A falacia da Sustentabilidade. Colectivo editorial Renderén.
Magnifica revista. Número monográfico adicado a desmontar a falacia o desenvolvemento sostible. Moi bos artigos e vangardista presentación. Unha nova publicación libertaria desde terras ourensás.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Engádovos unha interesante cita de 1932 rescatada dun artículo de Solidaridad Obrera que suliña a importacia que para o anarquismo tiña a formación para acadar a emancipación da clase traballadora: “Como fieles tradicionalistas la clase burguesa que predomina en esta villa lleva a la práctica los ritos y costumbre que anteriormente impusieron sus antecesores. De carácter hipócrita, con su beatitud ridícula y un atrofiamiento rayano en la idiotez se muestran consumados concurrentes a las bacanales de la caverna. Parecen nacidos para portacirios que al olor de su paso someta a perpetuidad la incultura y miseria de los trabajadores. Diametralmente opuesta a ésta, fluye la clase trabajadora en su mayor parte compuesta de sencillos pescadores, que arrastran una vida de miserias y privaciones, trabajando rudamente unos meses para sostenimiento del largo y crudo invierno” (...) Estos sencillos y nobles pescadores de Puentedeume necesitan nutrir su cerebro, para que éste pueda encaminar debidamente la llama revolucionaria que fluye en sus pechos. ¿Cómo nutrirlo?, ¿cómo prepararlo? Con libros. Enviadles muchos libros”

Manuel

Anónimo dijo...

Gracias Manuel. Interesante cita.
Pois haberá que encher Betanzos e Pontedeume de libros, moitos libros.