22 abr 2008

Un precario peta na tua porta...

Sin moitio máis que decir. Lean amigos lean o que pasa cos traballos dos nosos fillos....
FILTRALAR S. L. é unha empresa de carrachas que, como non, fundamentan o seu negocio no traballo dos demais. A labor desta empresa consiste na venta, distribución e sobre todo manteñemento, dun aparato que se vende como purificador de aire, pero que en realidade é un aspirador multiusos de nome FITERQUEEN, que se vende á frioleira de 3700€. Debido ó seu elevado custo seríalles completamente imposible colocar algún sen contar coa inestimable axuda de CAIXANOVA, que financia o aparato e é cómplice deste fraude.
¿Como se lle vende a milonga a un comercial de que un aspirador vale 3700€?O día que pisas a empresa comezan a encherte a cabeza con promesas de xugosas comisións por venta, uníndote a un novo grupo de comerciais que coma ti están encandilados co funcionamento interno da empresa: sucursais por toda Galiza, servizo técnico, telefonistas, “cursos de formación”, cerimonias de benvida, palmadiñas no lombo, amplos sorrisos polos corredores… Lévante a vivir o teu auténtico soño americano e crean arredor túa un ambiente de camaradería e solvencia que fan que comeces a crer cegamente nas boas intencións da compañía. E cando levas unha semana de preparación xa estás listo para saír á rúa a vender aspiradores.

Os equipos de vendedores non adoitan durar máis de 2 meses, agás contadas e rastreirísimas excepcións. Os vendedores, xa convencidos das bondades do aspirador, tiran da súa axenda persoal e por recomendación concienciada e teimuda da empresa concertan citas cos seus familiares máis vulnerables (a tía Paca ten problemas respiratorios, pois chámoa e lle coloco un. ¿Como imos desconfiar do noso propio sobriño?

Pero o desengano chega. A empresa non é a raíña das condicións laborais, e á hora de cobrar a primeira mensualidade empezan os problemas. Non só recortan os 2000 € acordados a 600 (que uns cobran e outros… non), alegando que a lei “os obriga” a facerlles contrato en prácticas, senón que nin sequera se fala das comisións.
E non é precisamente por falta de liquidez, pois os comerciais aportan uns beneficios inmorais en relación co que perciben, cantidade que nin sequera lles cubre os gastos de combustible. Fulano vendeu 3 máquinas (11.100 €), Mengano 2 (7.400 €), Zutano 5 (18.500)… Un montón de pasta, vaia.¿Como te desfás do persoal sen que che custe nin un só peso?Cando chega o momento da segunda paga, chega a frustración.
A empresa invéntase unha segunda excusa para non pagar. O comercial, farto, sen cartos e sen ganas de loitar por el, vaise queimado, pero cando marcha xa vendeu varias máquinas a familiares e amigos, e unha semana despois de firmar o contrato de venta xa non se poden botar atrás. FILTRALAR ten o seu beneficio e CAIXANOVA un novo escravo das cuotas.
¿Quen perde aquí?

O noso compañeiro José Alberto empezou a traballar en xaneiro, e o día 11 dese mesmo mes vende o seu primeiro aparato, como non, á súa propia nai, pero non terá contrato, de tres meses de duración, nin alta na Seguridade Social ata o 7 de marzo.Pero malia ter contrato ata o 7 de xuño, o superdotado do administrador deuno de baixa na Seguridade Social o 24 de marzo, resultando a lamentable á par que hilarante realidade de ter un contrato laboral en vigor sen estar asegurado. ¿Existe maior abaratamento dos custos laborais?

O total do percibido ata o momento polo noso compañeiro de FILTRALAR entre Xaneiro e Abril é de 790 €, cando só en gasolina e peaxes xa leva gastados 1000 €. A empresa fai un negocio redondo. Entran moitos cartos pero non sae nada, habendo xente que se está enchendo os petos a costa do suor doutros.

O sindicato CNT de Pontevedra xa se puxo mans á obra, e entre outras cousas xa interpuxo unha demanda por impago de nómina, horas extras, gasolina e quilometraxe. O noso compañeiro só pide o seu, e así o defenderá no acto de conciliación coa empresa, concertado para a mañá do 28 de abril.Pero a nosa misión non se debe limitar á acción meramente burocrática. A asemblea, conforme á vontade do noso compañeiro, decidiu emprender unha serie de concentracións periódicas fronte ás oficiñas desta empresa de explotadores ata que non poñamos fin á precariedade. A primeira faremo-la xa.
VENRES 25 ÁS 16:00 NA RÚA BARRIGA VERDE nº1 (LEREZ)SEDE DE FILTRALAR S.L.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

“Como nada é máis fermoso que coñece-la verdade, nada tén máis vergoña que aproba-la mentira e tomala por verdade” - Cicerón.

Aínda que a CNT non crea nas leis...¡que ironía!, existe gracias a moitas delas, a información hai que contrastala...senón, como diría outro ilustre..."En boca pechada non entran moscas".

Anónimo dijo...

Un poeta, un poeta.
Fala claro meu, que non sabemos que queres opinar.

Anónimo dijo...

¿Poeta? ¿É que dirías que foi a miña composición...? ¿...un soneto quizais? ¡Ja, ja! O que hai que escoitar...en fin semellas ser o único que non o entendeu...debe ser que o teu forte non é a comprensión...por certo non sei que terás na contra dos poetas pero un poeta escribe maiormente poesía e nin Cicerón (político e filósofo grego) o era, nin os refráns pretenden sela. ¡Ah! Ler de cando en vez non está nada mal...Resumo para a persoa cun problema de comprensión: "A información que se publica hai que contrastala"...é a máxima de calquera periodista e por extensión das persoas. ¿Quedouche claro "meu-meu"?

Anónimo dijo...

Tontín.¿tes algo que opinar sobre esta noticia?. Ou es deses que andan a marujear nos blogs.

Anónimo dijo...

Gracias por elexir este páxina para os vosos comentarios. Nós non entramos nas vosas discusións. En canto a noticia, Betanzos Libertario recolle o envio que nos fai a CNT de Pontevedra dos que temos toda a confianza que merecen os nosos compañeiros.
Se alguén quere ou pode aportar algún comentario relativo a este conflicto pode facelo, tanto asinando como de forma anonima. En caso de que a cousa empece con insultos ou sen argumentos, suprimiremolo para evitar que esto pareza un blog de desfogos.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

¿Sabiades que o tal José Alberto era un inspector de facenda ata hai pouco...? ...e digo ata hai pouco porque xa o botaron...¡qué faría este gandul! Mellor non volo conto...algo teredes que facer vós, a C N T, digo eu. Non está mal que protexades ós traballadores pero o mínimo que hai que facer e documentarse un pouco e escoitar as dúas partes, e non actuar "ó tolo", pois así tan só conseguiredes ser tachados de "catro facendo ruido porque non teñen outra cousa que facer". Un saúdo.

Anónimo dijo...

¿Sabiades que o tal José Alberto era un inspector de facenda ata hai pouco...? ...e digo ata hai pouco porque xa o botaron...¡qué faría este gandul! Mellor non volo conto...algo teredes que facer vós, a C N T, digo eu. Non está mal que protexades ós traballadores pero o mínimo que hai que facer e documentarse un pouco e escoitar as dúas partes, e non actuar "ó tolo", pois así tan só conseguiredes ser tachados de "catro facendo ruido porque non teñen outra cousa que facer". Un saúdo.

Anónimo dijo...

Eu non sei nada deste Jose Alberto, pero que fose inspector de facenda nón ten nada malo en sí. ¿Era asalariado non?
Que o despediran tampouco é algo que supoña un insulto, pois seguro que foi combativo no seu posto de traballo.
O mellor ti prefires os outros miles de inspectores de facenda que siguen na sua poltrona calando a corrupción empresarial e botandose encima dos parados do INEM e da economia precaria.
¿Non tes nada nada para desmontar as acusacions da CNT nesta empresa? Pois logo non intentes o desprestixio á persoa.
Alegrome de que teñas tanto interés en que catro facendo ruido poñamos noticias sobre FILTRALAR S.L......L....? Luego Cabalgamos.
"A cabalgar" (Rafael Alberti)-Poeta.

Anónimo dijo...

E que non das unha...a frase "Ladran, luego cabalgamos, amigo Sancho" non é de R.Alberti senón de Cervantes, no seu famoso Don Quixote (recomendoche que o leas...de seguro que aprendes algo) coñecido polo 99,99% da poboación mundial...agás ti por suposto,¡eres un fenómeno! Do resto que comentas xa cae polo seu propio peso...a saber, non tés nin idea de a quen defendes, pasaste polo arco do triunfo a presunción de inocencia, actuades sen vos informar...conclusión: En 1 de cada 1.000 berrinches tendes razón, que pola lei de probabilidades quedades a deber. ¿Acaso os empresarios non son traballadores asemade? ¿Molestacheste en preguntar ó resto dos traballadores da empresa se están contentos ou non? Invítote a facelo...de seguo que te sorprendes ¿E ás súas familias? Non contestes...xa sei a resposta...¡NON!. Por certo os primeiros en desprestixiar fochedes vós...chamar "carrachas" a todo o mundo sen ton nin son, en fin, se hai algo claro é que a educación non é o voso...e así non ides a ningures, bueno si...a un lugar que se chama...ESQUECEMENTO...tempo ó tempo.

Anónimo dijo...

Estimado freja.
Ladran luego cabalgamos será de Cervantes, pero "A cabalgar" es un poema de Rafael Alberti.
De vuestra polemica no tomo partido ya que no soy de la CNT y no conozco este caso, pero los empresarios no son considerados trabajadores, si este termino lo queremos hacer sinónimo de trabajor por cuenta ajena o asalariado.
Disculpa si te molestas pero tienes una forma de explicar las cosas un tanto demagogica, ya que llevas tres intervenciones en estos comentarios, y de momento no has aportado ni un solo dato para desmentir lo dicho por la CNT.
Valorar si este sindicato caerá en el olvido o no, no me corresponde a mi valorarlo, aunque reconozco que en los ultimos años sigo sus noticias y actividades.Como buena prueba es que estoy inteviniendo en una de sus páginas.
Por mi actividad comercial sí estoy interesado en conocoer más detalles de esta empresa, por lo que creo que tus salidas fuera de tono la perjudican más que los comentarios que pueda hacer la CNT. Ellos sabemos de que van, pero lo tuyo parece más un "berrinche" de alguien de la empresa o con intereses en ella.
Un saludo cordial.
Fdo: Luis Tojeiro Fdez. (Vigo)

Anónimo dijo...

Estimado Luis Tojeiro.
Sinto moito que vostede tamén se equivoque pois semella máis educado que "Anónimo"...o poema de R. Alberti é "A GALOPAR", en ningún caso "A CABALGAR".
Freja

Anónimo dijo...

Tiene usted toda la razón. Con tanto error me he dejado llevar por la confusión. Efectivamente es "A Galopar"... hasta enterrarlos en el mar.
En ningú nmomento he querido ser maleducado con usted, pero creo que debería argumentar con datos,si es que las afirmaciones de la CNT no son ciertas, porque como ya le dije antes, solo con arguementos se llegará a la verdad.
Tengo que agradecer también,a este "Betanzos Libertario" que no nos hayan cortado ni censurado. No sé si estaremos abusando.

Anónimo dijo...

So comentar que ese conflicto xa esta gañado, a empresa pagoulle todo a Jose Alberto e agora paga sempre o que se lle adebe.

saude e anarcosindicalismo!!

Anónimo dijo...

EU COÑEZO ESTE GRUPO DE PURIFICADORES E SÓ UNHA COUSA PODO DICIR E QUE NON TRABALLE NINGUEN PARA ESTA XENTE, PROMETO PROMETO E LOGO DANCHE A PATADA PERO UN DIA DIXEN QUE CADA UN RECOLLE O QUE SEMBRA E CREANME Q E VERDADE.