Despois de moitos anos, a C.N.T. vaise presentar publicamente en Betanzos. Afiliados non só deste Concello senon tamén de Oza, Coirós, Paderne e Abegondo, decidimos dar este paso a sabendas que o camiño non será fácil.
Se facemos coincidir una acto de presentación sindical cun acto de presentación dun libro da Historia do Anarquismo, e porque nos sentimos parte desa Historia e non queremos quedar atrás no rexurdir presente dun anarquismo vencellado ao movemento obreiro.
Será dificil imitar a aqueles homes e mulleres que fixeron da CNT betanceira a Organización máis numerosa do proletariado da primeira metade do século pasado. Pero a mellor maneira de lembrar e agradecer o que fixeron é non deixando que os seus nomes (case sempre anonimos) queden relegados ao pasado.
Aquí estamos de novo. A Confederación Nacional do Traballo.
Venres 14 de Novembro
Sala Azul do Liceo de Betanzos (1º andar)
19,30 Horas.
Acto Cultural: Presentación da "Enciclopedia do Anarquismo español" de Miguel Iñiguez.
5 comentarios:
bravo!!!!
Parabéns ó novo sindicato, moito ánimo neste camiño que non sempre será fácil, e parabéns a toda a rexional polo pulo dos últimos anos.
Alí estaremos.
Saúde desde Pontevedra
Ánimo, xa sodes 5.
Xa non queda nada para facer a revolución
desde valencia os mando animos para el largo camino que vais a empezar. salud y anarcosindicalismo
Procurarei andar por alí, aínda que me vai ser difícil. Teño que dar un concerto ás 20:00 xDD.
Quérovos... pedir un favor. Escribín un artigo que me gustaría que publicárades vós. Teño a opción de publicalo no meu blog, pero sería unha honra que fora publicado nestoutro, coma o primeiro artigo despois da presentación.
Bueno, felicidades pola presentación e... veña ánimos que en uns anos estamos no Parlamento... asaltándoo. Jejeje...
P.D.: A Suso decirlle que xa quedarei con el, que non tiven moito tempo. E agora estou en Santiago estudando... xa veremos.
P.D.2: Contestádeme á petición no meu blog, por favor.
aúpa compañeros y compañeras!
os escribo desde el sov de jaén! a extender la cnt por toda galicia y a pelear, a disfrutar y a aprender!
salud y alegría! salud y anarquía!
Publicar un comentario