6 feb 2009

O paripé de ZP


Luns 2 de febreiro,non era o centro dramático nin un programa de cámara oculta,xuro que non vexo a tele baixo efectos de substancias psicotrópicas.Era o mesmísimo presidente do goberno poñendo firmes aos banqueiros do país,e polo que amosaban as arrepiantes imaxes;dunha trabada foinos merendando,sen compaixón,directo ao fígado do capitalismo financieiro,que canguelo destilaba a faciana do señor Botín!.
Puñetazo na mesa ao estilo bolivariano e viril ameaza:
-Basta de xogar coas débedas dos cidadáns e a soltar o euro-espetoulles impasible el ademán.Incrible!a crise quédanlle dous telediarios,antes do antroido empezaremos a ver a luz ao final do túnel.Morra o conto.
O que non cadraba moito neste guión é que son os mesmos banqueiros que lle fixeron gañar as eleccións fai un ano porque unha campaña vale un ril,xa se sabe:avais,créditos, ,bandeiriñas,globiños, buses para que ferva de xubilados os mitins,resureccións na emigración.Logo non me dita que ZP faga o máis mínimo aceno de trabar a man que engorda ao partido neses vinte ou quince días de campaña,xa seremos nós os que paguemos a factura o resto de lexislatura.
Leo.

No hay comentarios: