16 may 2009

Posto de libros e propaganda nas Feiras


Como primeira actividade temos empezado a poñer unha mesa de libros e propaganda nas feiras dos días 1 e 16. Esta actividade que pretendemos permanente servirá para espallar o recente sindicato.

Hoxe día 16 de Maio, chovía, e estivemos durante 3 horas baixo os soportáis do Campo. Destacamos a sorpresa dos veciños e visitantes da comarca, e algún deles comentounos da afiliación dos pais no 36.

En definitiva, un lugar máis onde podes atoparnos e contactar coa CNT, ademáis das asembleas que facemos todos os Venres.

A CNT volve ás rúas de Betanzos, e en pouco faremolo para iniciar a nosa campaña contra o paro e a precariedade.

En breve indicaremos o enderezo da sede social que andamos a alugar. Será outra sorpresa.

3 comentarios:

xulio dijo...

saquei fotos da mesa de propaganda asi que hoxe a tarde cando as pase ó ordenador mandochas!!!

Suso dijo...

Menudos dous aguerridos compañeiros!!

xulio dijo...

jajajaja,como posaban pra a foto!!