21 abr 2010

Vulneración dos dereitos laboráis das persoas presas

Recibimos un correo denunciando un caso de vulneración dos dereitos laboráis das persoas presas en Teixeiro e que terá un xuizo no Xulgado de Betanzos o 23 de Abril ás 10,30 horas da máña.


"O 29 de setembro do 2004 a unha persoa PRESA que estaba traballando na cadea de teixeiro lle foi amputado o quinto dedo da súa man esquerda no taller de producción, mentres manipulaba unha maquina sen medidas de seguridade.

A Inspección Provincial de Traballo da Coruña informa que a máquina non estaba homologada, que as coitelas carecían de calquera protección e que a persoa afectada carecía de calquera formación para o posto.

O 12 de xaneiro do 2005 ofrécenlle traballar noutro posto e como non acepta, o 15 de xaneiro do 2005 extinguen a relación laboral.

O 29 de abril de 2005 pola Seguridade Social”, se lle recoñece unha incapacidade permanente total, abonándolle unha cantidade a tanto alzado de 576,97€.

Isto é , lle indemnizan pola perda dun dedo e parte da man, por menos cantidade que a asignada ao salario minimo interprofesional.

No ano 2009, pola Inspeción provincial da Seguridade Social, se recoñece o incumprimento das normas de protección e de seguridade colectiva e individual no taller de Teixeiro no momento do accidente, responsabilizando o mesmo ao Organismo Autónomo de Traballo Penitenciario, cunha recarga de prestacións do 50 %, recarga que paradoxicamente o compañeiro non pode percibir por non serlle recoñecida nengunha prestación vitalicia sobre a que practicar a recarga agás da Incapacidade Parcial o que suporía un incremento de 275 € (nun so pago), asemade a Inspección provincial do INSS non impón nengunha sanción ao citado organismo autónomo penitenciario.

Cinco anos despois deste inadmisible accidente, celébrase o xuizo de faltas, contra o xefe de taller da cadea de Teixeiro Luis Martínez Ambroa e contra o xerente da empresa de madeiras David Leiva. Tras moitisimos atrancos legais, e tras desestimar o xulgado de betanzos que o enxuiciamento se producira no xulgado do penal de a Coruña (con petición de penas mais elevadas), finalmente o xuizo será de faltas con pingues peticións de penas para os responsabeis. Mostrando unha vez mais o ambiente de Impunidade que as vulneracións dos dereitos maiis básicos teñen nas cadeas do estado español.

Para mais INRI, nesa mesma cadea e nese mesmo taller, outro compañeiro preso perdeu a sua perna mentras manipulaba unha maquina de madeira. Sobran as palabras.

Proximos a data do dia da clase traballadora, denunciamos eiqui as inadmisibles condicións de traballo nos centros penitenciarios, onde abundan o destajo, a explotación, e os traballos forzados, sen direitos nen garantias."

XUÍZO CONTRA Maderas Leiva e o Organismo Autónomo de Traballos
penitenciarios

XULGADO DE BETANZOS

23 de abril do 2010

10.30H da mañá.


No hay comentarios: