23 dic 2010

Construíndo...



Vai rematar o 2010, e vimos de rematar tamén o noso X Congreso Confederal. Agora toca poñerse a traballar, e non hai tempo que perder. Para Xaneiro hai quen din que imos ver de novo un paro xeral, polo que teremos que ir argallando estratexias...

Como a nosa principal cometido é organizar unha clase hoxe dividida, aillada e sometida, a CNT galega xa ten preparadas varias accións para os primeiros días do ano: Os traballadores do ensino vanse xuntar nunha conferencia xeral, os traballadores do forestal van preparar a estratexia para espallar a xa consolidada presencia no sector, os traballadores das subcontratas da sanidade, das administracións e dos concellos preparan unha campaña de denuncia da ilegalidade dos seus contratos.... En fin, que xa nos podemos ir preparando a conciencia.


¿E o noso sindicato de Betanzos?. O ano 2010 foi para nós un ano de tanteo das nosas posibilidades. Duplicamos o número de afiliados. Estamos a ser un referente cada vez maior entre os traballadores da vila e a comarca. Faisenos obrigado mellorar as nosas infraestructuras porque no 2011, o noso crecemento será aínda máis importánte. Xa temos en mente varias campañas de afiliación nos sectores do Comercio, alimentación e nos polígonos industriáis.


Estamos construíndo. Queda un moi largo camiño por percorrer. Pero imos.

No hay comentarios: