Despois daquel xa vello 1975, onde morreu o Dictador, volveron tempos de esperanza. A CNT reorganizase por todo o territorio peninsular. Pero en poucos anos, o desencanto xeral, as estratexias de marxinación cara a nosa Organización e a división interna que terminou en ruptura cainitica, fixeron que nos anos 80, tan so uns poucos milleiros de militantes fixeran o imposible porque a CNT non morrera. Así e durante máis de vinte anos o anarcosindicalismo español pasa por unha travesía no deserto. Ser o unico sindicato oposto aos pactos da Moncloa e contrario a participar no xogo das eleccions sindicáis e comités de empresa, fan que pouco a pouco vaia quedando fora do "politicamente correcto" e do "pastel"pactado na transición. Todos os medios informativos e partidos politicos dan por finiquitado a historia desta Confederación.
No caso da Galicia, era ainda máis preocupante. Nunca a CNT volveu a ter a incidencia que tivera no primeiro tercio do século XX. A fortisima represión (dos primeiros anos do franquismo) e a ruptura xeneracional, fixeron que nos anos 80, tan so unhas ducias de militantes mantiveran o nome da CNT agrupados en pequenos colectivos de propaganda anarcosindicalista. Pero unha militancia incansable e continuada vai dar os seus froitos pasado o tempo.
Nos ultimos tres anos a tendencia empeza a cambiar de sentido. Aquelas folgas dos anos 80, dos xornaleiros andaluces, ou dos traballadores do Naval onde a CNT tivera importante protagonismo quedaban como vellas loitas para a nova militancia que necesitaba novos referentes no mundo sindical. Comenzan a xurdir militantes novos, que coñecen a precariedade no mundo laboral, e que máis centrados na conflicitividade laboral que no activismo de tipo social e libertario proprio dos colectivos acratas, pretenden recuperar o sentido da loita obreira do que a CNT estaba un tanto excluída. Así, e partindo primeiro de pequenos conflictos en empresas pequenas que terminan con victorias, vaise recuperando a confianza nas estratexias da Acción Directa e da capacidade da CNT.
A empresa fotografica de implantación estatal "Minit Colors" e sobre todo a folga da Limpeza de Tomares, foron o principio do rexurdir da CNT. Xa non se trata simplemente de pequenos confilctos , senon de autenticas macro- empresas defendidas ademáis por intereses politicos concretos (as mafias municipáis). Non importa que partido esté detrás. As esquerdas comportanse do mesmo xeito que as dereitas cando están no poder. A CNT está sola na loita pero agora a moral é alta..... Folgas de varios meses terminadas con vitorias obreiras fan que en poucos meses se multiplique a afiliación. As folgas máis combativas dos ultimos anos están protagonizadas pola militancia libertaria (As Gruas de Sevilla, Clece. no AVE, nos supermercados, Mercadona en Cataluña....). Traballadores da hostelería, do comercio, da construcción,do metal... empezan a formar seccións sindicáis ao marxe dos Comités de Empresa.
En Galicia tamén e nos ultimos meses estanse a formar seccións en Correos, en Mercadona, na Xunta, na Sanidade Publica, nos concellos, no persoal laboral da Universidade, en pequenos comercios ou na hostelería. Formanse tamén novos sindicatos onde facía moitos anos que non se oía falar da CNT: Lugo, Ferrol, Pontevedra; Vilagarcía ...
¿ E que pasa en Betanzos? Betanzos é unha vila pequena. Pero conta con moita xente traballando en Gadisa, na hostelería,no comercio... Betanceiros e xentes que chegan doutros lugares, moitos incluso do outro lado do atlantico.
Os traballadores e traballadoras precisamos de organizacions feitas por nos mesmos, onde todos fagamos colectivo, sen representantes politicos que nos vendan. Necesitamos dun sindicato para defender os nosos dereitos. Para obrigar a que a patronal cando menos cumpla cos convenios mínimos que asina. Para evitar que a ningúen lle obriguen a traballar máis de 8 horas. Para que ningún accidente laboral (autentico terrorismo patronal) quede sen resposta.
Os sindicatos andan na politica, teñen prebendas e viven das subvencións. Os delegados máis parecen o capataz que pon o patrón que un compañeiro de traballo. Están preocupados polas eleccións sindicáis, pero moi lonxe dos nosos verdadeiros problemas.
Coa formación do Nucleo Confederal queremos chegar a todos aqueles que queiran xuntarse con nós para relanzar o sindicalismo revolucionario, o Anarcosindicalimo. E neso estamos e non pararemos ata ver de novo un sindicato que defenda verdadeiramente aos traballadores do capital e da corrupción politica e empresarial.
Din que a CNT está morta. Se tedes 9 minutos neste video verás como renace.
1 comentario:
Benvidos a barricada.
Salu e anarquia.
Publicar un comentario