Hai un ano que un pequeno equipo de militantes da CNT decidimos abrir esa bitacora de propaganda anarcosindicalista. Ningunha experiencia previa nestas lides e dúbidas sobre a eficacia destas ferramentas. De maneira autodidacta fumonos metendo e aprendendo de outros (como poñer fotos, videos,enlaces...) ata que no mes de Febreiro do 2007 incluimos un contador de visitas que no momento de redactar estas liñas van polas máis de 6.500. Como daquela nos entrou a curiosidade de saber quén e cantas veces nos visitaba, fixemos unha páxina de estatísticas (non é publica) que nos permete saber que a día de hoxe 321 persoas distintas visitan esta paxina mensualmente e que para nós ainda máis importante 53 o fan todas as semanas. Deste xeito tamén sabemos que cousas son de maior interés xa que temos estudiado os artigos máis visitados.
Se cadra podan parecer cifras modestas pero sendo esta unha páxina de ámbito reducido non deixa de facer que nos sintamos satisfeitos de que casi un cento de artigos que levamos publicados teñan alomenos interés para algúns.
Por outro lado esta paxina nos ten servido para contactar con novos compañeiros que agora son ademáis afiliados ao sindicato, e para espallar a idea dos blogs como ferramenta de propaganda entre outros sindicatos confederáis.
Como non queremos relaxarnos no logrado ata agora, iniciaremos desde agora un intento de mellorar as relacións cos nosos lectores, e iniciamos pois unha suscripción das actualizacións que se fagan. Deste xeito se queredes recibir nos vosos correos electrónicos todas as novas publicadas, deberedes enviar un correo a betanzos@cntgaliza.org indicando no asunto a palabra "suscripción".
Saúde.
Asdo: Administradores de Betanzos Libertario.
1 comentario:
Que Cousas nos contan estes Brasileiros!!!!!
Moita Sorte e Larga Vida para Betanzos Libertario
Publicar un comentario