6 ene 2013

A CNT de Betanzos na actualidade



Cando no ano 2009, o pequeno núcleo confederal de cenetistas betanceiros nos comprometimos a dar o paso de conformar na vila e na comarca un sindicato da CNT, non podíamos imaxinar o desenvolvemento que teríamos que afrontar.
Un acto que nun primeiro momento era a presentación da obra de Miguel Iñiguez "Enciclopedia del anarquismo español" acabou convertindose na presentación pública da CNT en Betanzos.
Como a resposta de público foi boa, en poucas semanas fixemos as nosas primeiras xuntanzas  nun baixo dun compañeiro, e cando superamos a ducia de afiliados foi cando tomamos a decisión de solicitar o ingreso na Confederación como un sindicato de pleno dereito.
En canto un Pleno de Sindicatos formalizou a nosa incorporación, e legalizamos o sindicato, no mes de Setembro de 2009 alugamos o noso local actual no Arco da Ponte Nova.




Desde a inauguración do local, foron varias as vías de traballo que levamos. Por un lado as proprias de calquer sindicato ( Organización, asembleas locáis, Plenos dos sindicatos da CNT galega etc). Tamén actividades públicas como conferencias, debates, cursos de formación xurídica e laboral.
Recentemente un Grupo de Consumo que relaciona productores e consumidores utiliza o noso local como lugar de traballo.
O Sindicato está organizado en diferentes Secretarías que coordinan o traballo colectivo aprobado nas asembleas xeráis de afiliados. Ademáis de Secretarías técnicas como Tesoureiría , arquivos e Documentación ou Infraestructuras, o sindicato ten 2 areas de traballo principáis. A primeira e a Sindical, e a segunda a Social. Na primeira coordinase todo o traballo relativo aos conflictos laboráis, e na segunda o Sindicato desenvolve as suas labores de espallamento ideolóxico atendendo a todos os problemas da Sociedade fora do ambito laboral.


Na vida Orgánica o noso sindicato ten participado desde entonces en Plenarias, Plenos e por vez primeira no X Congreso Confederal en Cordoba.




Actividades máis destacadas no Social:

- Organizamos unha Xornada de Confraternización consistente nunha xira fluvial aos Caneiros, recordando outra que en 1936 tentaran facer os ateneos obreiros e que fora anulada por causa da Guerra.

VER VIDEO : http://www.youtube.com/watch?v=eViGmRb_43U

- Con motivo do centenerio de Solidaridad Obrera fixose unha exposición sobre os 100 anos deste Xornal  no Salón de Exposicións do Liceo.
- Ciclo de palestras A Cara Oculta da Crise, tratando moitos e diferentes temas como Os montes Galegos, A banca ética, A Reforma Laboral , A Soberania Alimentaria, O Cenit do Petroleo etc, invitando a diferentes persoas e asociacións que traballan ou estudan estas cuestións.


Esta mesma páxina de Betanzos Libertario, que empezou sendo un voceiro informal de espallamento do anarcosindicalismo, acabouse convertindo na páxina oficial do Sindicato. Betanzos Libertario foi medrando e actualmente de xeito continuo manten unha media de 1.300 visitas mensuáis e perto de 900 usuarios únicos, sendo un das principáis ferramentas de comunicación das nosas actividades.

Betanzos Libetario ten hoxe un irmán nas redes sociáis en Facebook.



Pero sin dubida o noso traballo principal e prioritario, onde a CNT se ten volcado máis, ten sido loxicamente, no Laboral, tanto nos pequenos conflictos de salarios, finiquitos ou despidos dos nosos afiliados como nas accións de ambito xeral como as Folgas convocadas na nosa comunidade. Unhas veces acompañando aos nosos compañeiros de A Coruña ou de Ferrol, e outras convocando manifestación na nosa vila, na compaña do SLG (Sindicato Labrego Galego).







Os militantes da CNT de Betanzos e Comarcas témonos desprazado ata a Coruña, Ferrol, Compostela ou Vigo para participar en multiples convocatorias dos nosos compañeiros nestas localidades


http://cntbetanzos.blogspot.com.es/2010/06/cnt-de-betanzos-estivo-na-rua.html
http://cntbetanzos.blogspot.com.es/2010/06/o-26-todos-compostela.html
http://cntbetanzos.blogspot.com.es/2010/04/seccion-sindical-de-seaga-loita-por-un.html



Nestes 3 anos temos aberto conflictos con empresas de Hostalaría, de Obra Pública ou  de Transporte da nosa comarca. Unhas veces chegando a acordos con elas directamente, outras tendo que acudir a Xustiza.
En ambolodous casos caseque sempre conseguindo os obxetivos marcados.
O resultado destes 3 anos de traballo foi o recoñecemento por parte de moitos traballadores do noso funcionomento. Esto fixo que o noso sindicato triplicara a sua afiliacón inicial, e sobre todo que en Betanzos moita xente nos teña como referente ante a falta doutras iniciativas e da inexistencia das grandes corporacións sindicáis "mayoritarias".

Por todo elo, pensamos que no Futuro este sindicato aínda continuará na senda de crecemento. Sabiamos das dificultades da CNT nunha vila pequena, pero o traballo serio e continuado, e a necesidade imperiosa que a clase Obreira ten hoxe de estar organizada, nos deixan unha porta aberta a esperanza de que iniciativas como esta se multipliquen por todo o país. Allariz, Ponteareas, Vilagarcía, Valdeorras son boa proba de que non estamos tan errados.

Sentímonos orgullosos de estar na Confederación.!!








No hay comentarios: