Mostrando entradas con la etiqueta Laboral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Laboral. Mostrar todas las entradas

24 may 2015

Conta con CNT


É hora de deixar de retroceder, é hora de gañar unha vida digna. É hora de poñernos as cousas doadas e organizarnos para non voltar a perder unha batalla.
¡É hora de que contes connosco!
INDEPENDENTES:
A autoxestión é o medio que ten CNT para tratar de asegurar a súa independencia no político e no económico. Ao sindicalismo sucédelle o mesmo que ao periodismo, é dicir, ten que ser economicamente independente se quere ser libre. Por iso, a dependencia que outros sindicatos teñen dos cartos que reciben mediante subvencións e outras vías, obrígaos a non morder a man que lles dá de comer. O mesmo acontece coa independencia política. Dificilmente pode falarse de liberdade de acción cando un sindicato se constitúe como correa de transmisión dun partido político. O partido decide e o sindicato obedece.

ENTRE IGUAIS:
CNT construímola en común. Xunt@s decidimos que é o que nos convén como traballador@s e como debemos traballar para conseguilo. Por iso, as decisións tómanse na asemblea do sindicato. Aquí non existe unha casta sindical que decida polo resto de persoas afiliadas. Os cargos na CNT só representan os acordos tomados polo sindicato e non son remunerados. Ter un cargo nesta organización é unha responsabilidade, non un privilexio.
SOLIDARI@S:
En CNT sabemos que a relación de forzas entre o empresario e o traballador/a non é equilibrada. Por iso, entendemos que a nosa forza radica no apoio mutuo entre @s de abaixo. Entendemos que a solidariedade funciona e que a resignación non é útil. Os dereitos e liberdades que aínda gozamos non nos foron regalados. Son conquistas arrancadas ao capital por unha clase obreira forte e organizada. Así que, en CNT, se nos tocan a un/unha, tócannos a tod@s. Ao contrario do que sucede cando unha persoa traballadora acode aos sindicatos de concertación, CNT pelexa todas as batallas porque para nos, non hai dereito nin campaña pequena. Para que o medo cambie de bando fai falta unidade, fai falta que nós sexamos máis fortes. E iso conséguese contigo entrando na CNT.

ÚTILES:
Contando coa forza que outorgan a loita e o traballo desenvolvidos pol@s nos@s afiliad@s somos capaces de lograr significativas vitorias alí onde estamos presentes: frear recortes salariais, impedir descolgues de convenio, conseguir novos dereitos laborais ou lograr a readmisión de compañeir@s despedido@s.

A farsa da participación política, esa que consiste en limitar a intervención da sociedade a depositar un voto cada catro anos, ten o seu paralelismo no mundo do traballo coas eleccións sindicais. Existen dous tipos de sindicatos: os que como CNT basean a súa forza na afiliación e os que a basean nos privilexios concedidos polos votos recibidos nas eleccións sindicais, independentemente da súa implantación real en cada empresa ou sector. Esos privilexios outorgan aos líderes das burocracias sindicais (como CCOO ou UGT) o 'dereito' a falar e decidir en nome do resto de traballador@s.
¿POR QUÉ ORGANIZARTE?
Porque sol@ non podes enfrontarte aos empresarios pero con amigos si. Porque se nos unimos e nos organizamos sindicalmente poderemos constituírnos nunha forza capaz de facer fronte á patronal e frear as agresións e os recortes que estamos a sufrir en materia laboral, económica e social.
¿POR QUÉ NA CNT?
Porque a CNT ofréceche un modelo sindical non baseado nas eleccións sindicais senón nunha estrutura de base formada pol@s afiliad@s ao sindicato en cada centro de traballo. Porque as seccións sindicais da CNT nos centros de traballo son unha ferramenta efectiva na que se practica a democracia directa e na que n@s somos @s protagonistas.
A CNT é a ferramenta coa que defendernos colectivamente xunto aos que teñen os nosos mesmos problemas e intereses. Un sindicato independente construído por traballador@s, parad@s, precari@s, estudantes, xubilad@s, autónom@s, fals@s autónom@s ..., non por profesionais do sindicalismo. Un sindicato que se arremanga para ser útil nos sectores tradicionais pero tamén nos máis precarios, en empresas grandes e pequenas, polos dereitos d@s que teñen traballo e d@s que non.
A CNT ven impulsando este sindicalismo dende hai anos, e non son poucas as vitorias que conseguimos, mesmo nos sectores máis precarios e nas loitas máis difíciles. Necesitamos espallar esta forma de facer sindicalismo. É hora de sumarse a este xeito de facer sindicalismo, de difundila, de poñela en marcha en todos os centros de traballo.

30 mar 2015

Na Coruña e Vigo continuase a presionar aos donos de La Barraca



Tras o peche do local de Betanzos, CNT continua a manifestarse nas cidades de Vigo e A Coruña, onde os "empresaurios" de La Barraca intentan pasar desapercibidos.
As presións da CNT irán en aumento. A xente de Coruña e de Vigo xa van sabendo que clase de tipos levan este negocio.
Temos 3 sentenzas que obrigan á readmisión e ao pago dos salarios. Seguen a facerse os "suecos"? Máis que pagarán.


26 feb 2015

La Barraca de Betanzos. Pecha as súas portas



O local hosteleiro pechou esta semana as súas portas sen previo aviso, deixando a tres novos traballadores sen traballo.
A razón que argumentan foi o baixón da clientela habida conta da mala fama lograda polas suas malas practicas laboráis e polo ínfima calidade dos seus "fritidos". Non sei que agardaban. ¿A que foramos a tomarlle as cañas baratas a conta do que deixan de cotizar a Seguridade Social?

Tres sentenzas tres. que lle obrigan a recontratar as nosas tres compañeiras despedidas, pagarlles todos os salarios desde o despido e pagarlles unha indemnización por vulneración dos dereitos sindicáis.

Ao mellor pensan que pechando en Betanzos e abrindo no Mercado das Conchiñas na Coruña van a quedar impunes..... Pois alí iremos ata que paguen e readmitan as nosas compañeiras.

Se cadra prefiren pechar os máis de 15 centros que teñen en Galicia antes de dar o brazo a torcer......

Para cabezotas, a CNT.

Sección Sindical La Barraca. Sección Hostalaría da CNT.


25 feb 2015

A CNT chama á abstención nas eleccións sindicais do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais


A CNT chama á abstención nas próximas eleccións sindicais pois pensamos que os comités de empresa non representan os intereses reais dos traballadores e as traballadoras ao negarlle a palabra e a participación directa nos nosos propios problemas e na defensa dos nosos intereses.
Ante a perda de dereitos laborais que provocaron as dinámicas pactistas do modelo sindical baseado nos comités de empresa, a CNT propón unha forma de actuar diferente. Non temos liberados nin subvencións nin filiación política que poda determinar as nosas decisións ou entren en conflito coas nosas aspiracións, polo que as nosas demandas partirán sempre dos nosos intereses como traballadores e a súa resolución dependerá exclusivamente da nosa vontade.
A NOSA FERRAMENTA
Na CNT organizámonos en Seccións Sindicais. Estas non nacen dun proceso electoral, senón dunha asemblea creada polas persoas que as formarán e que serán o órgano dende o que tomaremos as nosas decisións de maneira horizontal.
A Sección Sindical trata coas empresas a través dun representante elixido pola mesma asemblea cuxo fin é tratar as demandas da Sección. Esta persoa, a diferencia dos delegados do comité de empresa, non ten privilexios que o distingan do resto.
A mellor ferramenta a unha situación laboral precaria é a Sección Sindical posto que só así os nosos intereses se reivindican de maneira directa, sen intermediarios, e só así os nosos dereitos se defenden directamente. Así temos a garantía de que nunca se asinarán despedimentos, baixadas de salarios, modificacións das condicións de traballo ou calquera outro pacto sen a nosa vontade e nunca se fará unha negociación ás nosas costas. Os pactos que acade a Sección Sindical só se aplican á plantilla que forma parte dela, se ben calquera traballador da empresa pode adherirse a eles.
A NOSA PROPOSTA
Os sindicatos tradicionais insisten en que só eles teñen capacidade de organizarse sindicalmente, idea totalmente falsa pero que lles interesa difundir. Na CNT propoñemos un modelo diferente. A CNT chama á acción, a sermos partícipes das nosas decisións e do noso futuro, a exercer a palabra directamente para garantir que se nos escoite. Propoñemos a organización horizontal e asemblearia a través dunha Sección Sindical forte e independente onde podamos defender os nosos dereitos laborais e ver cumpridas as nosas reivindicacións, sen intermediarios nin negociadores.
O QUE DENUNCIAMOS
O desmantelamento progresivo do SPCDIF que a Xunta, a través da Consellería de Medio Rural, vén levando a cabo mediante a  externalizacion do servizo e cuxo obxectivo é a privatización do servizo.
As políticas que practica a Xunta alegando falsas vantaxes no económico e  cuxo  resultado real son a diminución dos recursos públicos necesarios para que o persoal laboral poida desenvolver unha labor profesional adecuada e efectiva en favor de empresas privadas e subcontratas que se enriquecen á costa dos dereitos dos seus traballadores e traballadoras e de sacrificar un servizo publico, deixando o patrimonio natural en mans de intereses privados e valores económicos por riba do ben común
A suposta reestructuración do servizo que a Xunta vén aplicando á costa de modificar á baixa as nosas condicións de traballo e  cuxo resultado se traduce en recortes constantes de dereitos e condicións laborais, a non cobertura de prazas, baixas ou xubilacións, o que provoca a inoperatividade das brigadas de extinción e pon  en serio perigo o servizo e ao propio persoal laboral.
O QUE EXIXIMOS 
-Que se restauren os nosos dereitos perdidos e se remate coa nosa inseguridade laboral
-Fin das amortizacións das prazas no servizo e contratación de novo das prazas amortizadas
-Non á restruturación das brigadas, pois son despidos encubertos e merman a operatividade do servizo
-Servicio público 100% con listas únicas de contratación
-Clasificación profesional como Bombeiros Forestais
-Entrega da roupa laboral necesaria nos periodos estipulados no convenio
-A defensa dos nosos postos de traballo, cobertura de prazas e non diminución do numero de persoas nas brigadas.
-Conversión en persoal laboral da Xunta do persoal fixos-discuntinuos e do persoal temporal subcontratado.
-Seguridad en el trabajo e medios eficiente, de forma que non se poña en perigo as nosas vidas
AO QUE ASPIRAMOS
Esiximos un servizo forestal 100% público no que se integren todos os traballadores e as traballadoras do medio rural en igualdade de condicións e dereitos, onde o traballo se desenvolva ao amparo dun convenio xusto e se proporcionen os medios necesarios e adecuados para o desenvolvemento das nosas funcións.
Aspiramos a que se desenvolvan políticas sustentables nas que prime o ben común, a protección e conservación dos espazos naturais en detrimento de intereses económicos e privados.
Entendemos que o coidado e o uso racional dos recursos naturais do monte e os bosques poden ser fonte de desenvolvemento económico e benestar social grazas aos bens e servizos que a nosa contorna natural nos ofrece

24 feb 2015

A CNT chama a participar na manifestación das Marchas da Dignidade



As manifestacións, que terán lugar o 25 de febreiro, teñen como obxectivo ir xuntando forzas de cara á gran mobilización convocada para o vindeiro 21 de marzo en Madrid. A manifestación partirá ás 20:00 desde a Porta do Camiño.
As Marchas da Dignidade volven á rúa para amosar a súa oposición ás políticas antipopulares e antiobreiras impostas desde o FMI, o BCE e a UE e seguidas ao pé da letra polos gobernos de Rajoy en Madrid e Feijoo en Galicia. Unhas políticas que están levando á pobreza e á exclusión social a sectores cada vez máis amplos da clase obreira co único obxectivo de salvagardar as plusvalías da Patronal e os intereses da Banca, e que contan, ademais, co silencio cómplice das grandes centrais sindicais sistémicas: CCOO e UXT.
O pasado 22 de marzo, no 2014, un millón de persoas manifestámonos en Madrid convocadas por centos de organizacións sociais, sindicais e cidadáns para protestar pola situación de explotación, miseria, recortes e ataques aos dereitos máis básicos que estabamos a atravesar. Alí estivo a Columna Galega apoiando a necesidade de combater tanta agresión.
Transcorrido un ano, as condicións de vida do pobo, provocada polos gobernantes, fieis lacaios do capitalismo máis voraz e desapiadado, e os seus cómplices nas súas políticas de desmantelamento dos servizos públicos e dos dereitos sociais, non variaron nin un átomo, agás as maquillaxes electoralistas interesadas. Máis ben, polo contrario, segue medrando a dor e o desastre por todos lados tras anos de políticas contrarias ao pobo, co incremento da pobreza e da represión.
Volvemos a Madrid o próximo 21 de marzo para denunciar que a complicidade entre o FMI, o BCE e a UE cos poderes políticos e empresarias leváronnos a unha situación terrible:
• No estado español o 25% da infancia sofre desnutrición e mesmo hai moita xente que pasa fame.
• Hai máis de dez millóns de persoas pobres, cobrando menos de 600 euros ao mes, 700.000 familias sen ingresos e máis de tres millóns de persoas sen emprego e sen prestacións.
• Hai 5,5 millóns de persoas no paro, e quen ten a sorte de asinar un contrato, o fai en condicións de precariedade impostas, moitas veces na obriga de antepoñer a necesidade de supervivencia a propia dignidade.
• Desaparecen dereitos laborais básicos, nos impoñen a xornada, a categoría e o salario. Os contratos dignos, con salario suficiente, pasan a ser historia.
• Conxélanse as pensións e endurécense as condicións para chegar dignamente á xubilación.
• Reprímese selectivamente a sindicalistas e activistas sociais, así como as súas organizacións, resultando ducias de persoas condenadas á cadea por manifestarse ou secundar folgas, e impóñennos milleiros de multas que buscan romper a mobilización popular.
• Milleiros de persoas son expulsadas das súas vivendas.
• Négaselles asistencia sanitaria a millóns de persoas, chegando a negar medicamentos que poden supoñer a curación de enfermidades mortais.
• Condénase a mocidade á emigración.
• Entrégase o territorio, a auga..., a Natureza, á voracidade depredadora do capital, destruíndo o medio e o futuro.
• Destrúese a economía agraria e pesqueira.
• Execútanse políticas crueis, xenófobas e inhumanas coas persoas inmigrantes.
• Entréganse os servizos públicos ao capitalismo, que busca obter beneficio a costa do deterioro do servizo e da nosa dor.
• A resposta a esta iniquidade, xeneralizada, supón apostar pola insubmisión ás súas leis, deseñadas para favorecer aos poderes e intereses amigos, e aos seus, loitar e recuperar a dignidade como pobo, seguir mobilizándonos, e pasar á ofensiva.

Polo tanto:
• Dicímoslles aos poderosos que xa abonda de nos roubar: vivendas, empregos, salarios, pensións, saúde, educación e os dereitos imprescindibles para levar unha vida minimamente digna.
• Berramos que xa abonda de espoliar os nosos dereitos básicos: a liberdade de manifestación, a liberdade de expresión, a liberdade de folga, a liberdade sindical, a liberdade de defendernos firmemente das súas agresións e enfrontarnos aos seus intentos de deixarnos sen presente e sen futuro.
• Combatemos radicalmente o seu sistema corrupto, xerador de desigualdades abismais e de inxustiza social.
• Negámonos a aceptar o seu concepto de débeda, que pretende atraparnos nunha escravitude perpetua.
• Reivindicamos e esiximos unha sociedade xusta, libre, e igualitaria para termos unha existencia merecente de ser vivida.

E por todo isto, seguimos esixindo:
• A restitución ao pobo dos 120.000 millóns entregados ao poder financeiro.
• A derrogación da lexislación laboral e de pensións que tanta dor teñen espallado entre a clase traballadora.
• A reversión das medidas destrutoras, privatizacións, desmantelamento e recortes dos servizos públicos, tanto en sanidade como en educación, en servizos de emerxencia, en comunicacións e transporte publico (ferrocarrís, transporte urbano, correos) e en enerxía.
• Contratos fixos e salarios suficientes para ter unha existencia digna.
• A redución da semana laboral a 30 horas, para poder traballar todos e todas e fomentar a igualdade e o reparto de tarefas no centro de traballo e no fogar.
• A fixación de salarios e pensións mínimas dignas, en contía suficiente que permita a independencia económica das persoas perceptoras.
• O retorno ao ámbito da xestión pública das empresas de sectores esenciais para a vida (enerxía, auga...), e dos servizos sociais e sanitarios.
• O dereito á vivenda digna inembargable
• O dereito á libre decisión sobre a saúde sexual e reprodutiva, incluído o aborto con carácter libre e gratuíto.
• A retirada da Lei Mordaza.
• A promulgación de políticas que desenvolvan a nosa agricultura, a nosa pesca, e o noso medio ambiente, como sectores estratéxicos e sustentadores da vida.

Seguimos mobilizándonos, e camiñamos para construír unha sociedade máis xusta e por iso, a Columna Galega das Marchas da Dignidade confluirá coas do resto do estado en Madrid o vindeiro 21 de marzo.

1 feb 2015

A CNT concentrouse esta mañan diante de La Barraca




Este Domingo 1, día de Feira en Betanzos, a CNT aproveitou a presenza de moita xente na praza do Campo, lugar onde se atopa o local pirata La Barraca, para repartir panfletos explicando o conflicto que temos aberto contra estos abusadores da Hostalaría e esixir megafono en man, a readmisióndas nosas tres compañeiras despedidas.

Unha veintena de militantes ( número que evita ter que solicitar permisos legáis de manifestación) asistimos a mostrar a nosa solidariedade coas compañeiras  e recordarlle á empresa que imos continuar ata que acate a sentenza  que declara NULOS os despidos.

Como os explotadores avariciosos tan só entendedes  as cousas cando vai aos vosos petos. O que aforraches  pagando de menos e sen cotizar a Seguridade Social, agora valo pagar con creces.

La Barraca: Tes que readmitilas e pagarlles todos os meses desde o despido ata a data da sentenza.!!

Sección Hostalaría CNT Betanzos e Comarca.

29 ene 2015

CNT penetra nas Estacions de Servicio


Nos pasados días o Nucleo Confederal de Betanzos ven de dar un novo paso na implantación nas empresas da comarca. Esta vez trátase do Sector de Estacións de Servicio (Gasolineras).

Un importante número de traballadores das gasolineras da comarca deron o paso de afiliarse no sindicato con intención de organizar a defensa dos dereitos básicos recollidos nun Convenio Estatal.

Desde CNT iremos dando formación tanto dos aspectos principáis do Convenio como dos dereitos e obrigacións das empresas con respecto a un tema tan importante neste sector como é a Saúde laboral (riscos de incendios/explosións/descargas eléctricas/ riscos químicos etc)

O Coñecemento das medidas de prevención é básico para o desenvolvemento dun traballo seguro.

Outros aspectos como as retribucións, as categorías profesionáis e o calendario laboral, serán postas en común entre todos os traballadores para facer un estudo dos incumprimentos que poideran estar cometendo as diferentes empresas do Sector.

Desde CNT-Betanzos, animamos a todos os traballadores e traballadoras das gasolineras a contactar con nós. Cantos máis estemos organizados máis nos respetarán. A loita non se pode facer en solitario.




28 ene 2015

De novo CNT, contra os despidos en "La Barraca"

A CNT prepara unha nova concentración contra o despido das nosas 3 compañeiras que conforman a Seccion Sindical nesta empresa no seu centro de traballo en Betanzos.




La Barraca, establecemento hosteleiro sito na Praza do Campo en Betanzos, tiña traballando ás nosas compañeiras nunha situación de explotación total. Non se lles aplicaba o convenio de Hostalaría e estaban obrigadas a traballar máis de 10 horas diarias sen días libres nen vacacións.
Aínda así e una vez que foron renovados os seus contratos temporáis, decidiron organizarse e constituíron unha Sección Sindical da CNT na empresa. Cando lle comunicaron ao empresario que querían negociar as suas condicions de traballo, o encargado do establecemento deulles o despido inmediato.
As traballadoras e a CNT denunciaron o despido, e meses despois o Xulgado de A Coruña emite sentenza que declara Nulos os despidos e a obriga da empresa a pagarlles os salarios de todos estos meses.
A empresa está dando largas  non acatando a sentenza, e négase a readmitilas.
 Ademáis durante o proceso sae a luz que esta empresa non cotizou á Seguridade Social por ningún dos traballadores que ten en Galicia, polo que estamos ante un fraude a gran escala.
Moitos destes traballadores/as que pasaron durante este ano por La barraca estanse afiliando no sindicato da CNT porque viron que nesta Organización son os proprios traballadores os que deciden de que forma actuar.

Qué esixen as traballadoras e a CNT?

-          A readmisión das 3 despedidas
-          O Cumprimento da sentenza e pago de salarios atrasados
-          O Cumprimento da xornada laboral e da taboa salarial do Convenio de Hostalaría

¡ Readmisión de Tania, de Vanessa e de Mónica!
La Barraca. Paga o que debes!!!!

Traballador /a , se vives en Betanzos, a CNT é o teu sindicato.
Afiliate para defender os teus dereitos


CNT en Betanzos: betanzos@cntgaliza.org
Sede do Sindicato
Avenida de Esteiro nº10 baixo. 15.401 Ferrol
Telefono: 981 300 250

8 nov 2014

Marchas da Dignidade 29N


O 29 de Novembro converxen en Compostela as Marchas da Dignidade. A CNT considera que hai motivos sobrados para invitar a todos e a todas a sumarse e participar nos distintos actos en torno ás marchas, tal como as manifestacións a nivel comarcal do dia 6, como a acudir a Compostela o dia 29. 

Levamos anos vendo como, mentres o paro e a pobreza non deixan de crecer, os distintos gobernos serven ás élites financeiras e patronais, a cuxo beneficio destinaron miles de millóns de euros, obtidos de desmontar servizos e prestacions públicas xa de seu moi precarios, nunha xigantesca operación de socialización das perdas e privatización dos beneficios. En resumo, agrédennos cunha política económica e social cada vez máis represiva e inxusta.

É hora de dicir basta. É hora de dar unha resposta contundente, unha resposta que para a CNT só pode vir da movilización, na rúa, nos centros de traballo, nos barrios; desde a confrontación co poder e desde abaixo, apostando pola auto-organización dos traballadores e traballadoras.

As Marchas da Dignidade deben ser un paso máis, o máis masivo e contundente que sexamos capaces de construír, un paso ao que será necesario dar continuidade e onde os movementos sociais e o sindicalismo máis combativo deben tomar o protagonismo, avanzando cara á convocatoria dun folga xeral con capacidade real de revertir en favor da clase traballadora as políticas que estamos sufrindo.

A CNT estará presente nesta movilización. Estamos seguros de que entre todos seremos capaces de enviar unha clara mensaxe aos poderes económicos e políticos, así como ás cúpulas dos sindicatos oficiais. Esta mensaxe é que a paz social acabouse e que o expolio de dereitos e liberdades aos traballadores non lles sairá gratis. A loita está na rúa e esténdese. Esperamos que este día sirva para que a sociedade esperte, sómese á protesta e organícese.

Devandito isto, desde a CNT queremos expoñer claramente que non compartimos nin apoiamos o claro carácter electoralista e de apoio á vía política que algúns actores do 29-N pretenden ofrecer á clase traballadora como vía de solución aos seus problemas. Rexeitamos que se pretendan aproveitar as enerxías e esperanzas de cambio e redirigir a loita das persoas ao calexon sen saída do voto.

Nin a dignidade nin a liberdade serán negociadas por ningún novo líder xurdido das urnas do sistema. Debemos ser nós e nós sen delegar en ninguén quen acabemos conquistando novos e maiores dereitos. E para facelo non podemos apostar de novo polos medios do poder establecido, porque seremos traizoados como ocorreu históricamente. Só será posible emprender o camiño da dignidade cando o poder resida nas asembleas, afastadas do modelo político e sindical jerárquico, de eleccións e parlamentos, de liberados e comités.

Esta senda deixounos meridianamente claro que o capitalismo non admite máis capas de maquillaje nin reformas e que a súa desaparición constitúe o único escenario razoable. Debemos loitar por unha revolución social que sexa capaz de transformar desde os cimentos esta sociedade baseada na desigualdade, a única forma de reconquistar nosa dignidade.

Vémonos na rúa o día 29, pero a loita debe continuar. Do 29-N ao Primeiro de Maio, á folga xeral. Impulsemos un sindicalismo baseado na acción directa, o federalismo, a solidariedade e a autogestión, unha ferramenta capaz de plantar cara ao capitalismo ata a transformación da sociedade: o anarcosindicalismo. A CNT pode ser a túa ferramenta de loita.

2 nov 2014

Mercadona abrirá centro en Betanzos




A CNT ten numerosos conflictos abertos con Mercadona. Pouco a pouco vai implantando seccións sindicáis por toda a xeografía onde Mercadona ten centros abertos. CNT é o sindicato de referencia para os traballadores e traballadoras que denuncian ás prácticas de acoso laboral.


Foro sobre conflictos sindicáis en Mercadona.
http://mercacoso.cnt.es/foro/

28 oct 2014

Primeira Sentenza contra "La Barraca". Readmisión e pago de salarios!



" Que estimando la demanda interpuesta por Dª Vanesa XXXXXX XXXXXX, debo declarar y declaro la Nulidad del despido de la actora,y que en consecuencia, debo condenar y condeno a la mercantil LIMPERHOSTEL SL a la inmediata readmisión de la trabajadora en las mismas condiciones laborales que tenía a fecha del despido - 12/03/2014- y a abonarle los salarios dejados de percibir desde entonces"
Xdo do Social nº 1. A Coruña. Sentencia nº 508.
30/09/14.

Esta é a primeira das sentenzas dos despedimentos das nosas 3 compañeiras. Podemos imaxinar como van ser as seguintes. 
Agora toca explicar a todo o pobo de Betanzos quen son os impresentables xerentes de La Barraca e calar tantas bocas que mentiron e difamaron ás nosas compañeiras.

A Sección Sindical da CNT na Barraca non foi desfeita cos despidos. Todo o contrario. Agora os/as afiliados no sindicato duplicaronse e estamos seguros que con esta sentenza, serán moitos máis os que decidan afiliarse no sindicato.




9 oct 2014

Novedades no Sector Hosteleiro de Betanzos.



Nos últimos días, neste sindicato estanse a recebir novedades importantes que continúan a fortalecer esta Organización. Os traballadores de Betanzos e Comarca deste sector estanse dando conta que defender os dereitos básicos establecidos no Convenio Provincial de Hostalaría, pódese facer se ademáis de iniciativa tes detrás un sindicato conformado por traballadores  e asesorados por un equipo xurídico e sindical preparado.
A fama deste sindicato xa chegou ao Concello de Miño, e xa foron varios os traballadores/as que decidiron dar o paso e afiliarse. Non adiantamos os nomes dos establecementos hosteleiros por non darlle pistas aos seus proprietarios, pero pronto teredes noticias.

En Betanzos City, o café Bar GAIA chegou a un acordo co sindicato na Conciliación no SMAC, polo que CNT non abrirá conflicto con esta empresa, unha vez que a traballadora veu satisfeita todas as súas demandas.

No mes de Decembro celebrarase o Xuízo contra o Restaurante "O Paxeiro" xa que o seu proprietario negouse en conciliación a recoñecer a relación laboral, por non ter que pagar a cotización correspondente á Seguridade Social. Esta cabezonería nón e propria dun empresario que queira ter un negocio moderno. Estamos seguro de que vaille saír caro. Terá que pagarlle ao traballador, terá que pagarlle a Seguridade Social. Terá que pagar as costas do Xuízo e avogados, E o pior é que vaille quedar unha fama en Betanzos de Chapuceiro local. El saberá.

O Pirata ex- proprietario de "El Caserío" de Coirós e fuxido a terras nórdicas, xa foi localizado gracias á nosa rede de "espías sindicalistas". Buscou refuxio en Neda e Fene, e xa temos posta denuncia para que se faga efectiva a sentencia que lle obriga a pagar ás súas debedas aos traballadores. Tempo ao tempo.

E os nosos mellores amigos. Os piratas piratísimos de "La Barraca", pecharon o seu local de Betanzos. Alí pon por "Vacaciones del personal hasta el día 1".... pero abrir no parece que vaia abrir.
A xente aínda non sabe o que se esconde detrás deste negocio, pero os nosos "espías sindicalistas" que este mes non dan abasto, xa nos adiantaron que vailles caer un puro, deses que non chegan varios ceros. Quen sabe se fumos topar co Bárcenas betanceiro.

Esta novela vai dar que falar.

Asdo. Sección Hostalaría e Comercio. CNT Betanzos 

3 oct 2014

CNT denuncia a Zemsania e Coremain por cesión ilegal de traballadores



A CNT ven de denunciar a Coremain e a Zemsania por cesión ilegal de traballadores.
No caso denunciado o compañeiro, contratado oficialmente por Zemsania, desenvolve todas as actividades do seu traballo nas oficinas de Coremain. Ademáis recibe ordes de Coremain, usa o material proporcionado por estes e mesmo o seu correo electrónico do traballo pertence a Coremain.
Chega a tal punto o esperpento desta subcontratación fraudulenta que é o compañeiro quen ten que informar á empresa contratante das actividades que realiza no seu posto de traballo.
Por se esta precarización non fose suficiente, o noso compañeiro está cun contrato por obra ou servizo para a colaboración nun proxecto que nin existe. A realidade é que realiza labores en varios proxectos da empresa Coremain.
Coremain e Zemsania deben saber que a CNT non cesará nas súas accións até que respecten os dereitos dos seus traballadores e traballadoras!

13 sept 2014

CNT apoia a Concentración en apoio ao ateneo ferrolán



No Ateneo ferrolán a CNT ten unha sección sindical na que están afiliados a totalidade dos traballadores/as, polo que o peche desta entidade cultural traería ademáis o despedimento dos nosos compañeiros/as.



O mércores 17 de setembro, ás 11:30 horas, nos xulgados de Ferrol vaise celebrar un xuizo pola demanda da empresa Mudanzas Felix, S.L. contra o Ateneo Ferrolán, reclamando o pagamento de 39.000 euros, importe do traslado e almacenamento do patrimonio do Ateneo Ferrolán co gallo das obras de rehabilitación da sede da entidade. O traslado e almacenamento da biblioteca, hemeroteca e enseres do Ateneo non foi unha iniciativa desta entidade, senón que se fixo por esixencia do Concello de Ferrol e da dirección de obra, co compromiso de que o Ateneo nunca tería que facer un desembolso económico para o que non tiña capacidade financeira. O desenvolvemento das obras coincidiu co cambio de goberno municipal e rematadas éstas, o novo goberno do Partido Popular negouse a asumir o pagamento deste gasto, quedando o servizo prestado pola empresa impagado, o patrimonio do Ateneo retido, aumentando mes tras mes a débeda e dando, finalmente, lugar á reclamación da empresa Mudanzas Felix, S.L. contra o Ateneo.
Esta gravísima situación enmárcase nunha política de acoso ao Ateneo por parte do grupo de goberno do Concello de Ferrol, que se ven concretando no reparto do edificio que era sede do Ateneo Ferrolán (instalando alí a outras entidades), no confinamento do Ateneo Ferrolán nos pisos terceiro e baixo cuberta do edificio, na desaparición dos elementos identificativos do Ateneo no exterior do edificio e da negativa a conceder calquera axuda económica a Ateneo, mesmo as que se mantiveran en anos anteriores e con gobernos municipais de moi diverso signo político.
O Ateneo é unha entidade molesta para un goberno municipal autoritario, que non acepta a discrepancia nin tampouco as expresións de cultura participativas e populares que caracterizan ao Ateneo de Ferrol, en colaboración con boa parte do tecido asociativo e das creadoras e creadores da cidade. Por outra banda, esta cultura popular e participativa pon en evidencia a nefasta política cultural do Concello de Ferrol, que despilfarra enormes recursos económicos sen ningún sentido. Unha política cultural asentada no papanatismo que prima o foráneo fronte ao local, que inviste auténticas fortunas na rehabilitación de edificios que despois permanecen infrautilizados, e que externaliza a xestión dos espazos culturais a través dunha desas empresas especializadas na xestión de servicios municipais.
Mentres eles nos dan productos de consumo cultural de escasa calidade, nós reivindicámonos como un pobo que foi, é e será sempre creador de cultura. Unha cultura popular e na nosa lingua, unha cultura reivindicativa e rebelde, que o tecido cultural desta cidade mantén a través de institucións tan sinaladas como o Ateneo Ferrolán. Unha entidade que leva traballando máis de tres décadas na nosa cidade, cun balance tremendamente positivo de actividades e de servicios para a cidadanía, como o servizo de biblioteca e hemeroteca que aínda hoxe continúa ofrecendo, malia que parte dos seus fondos están inadecuadamente almacenados en contenedores nun polígono industrial.
Autoritarismo, ineficacia e desprezo á cultura e ao tecido cultural, é o que ofrece o goberno municipal do PP. Pola nosa parte, o noso compromiso como xente é manter e mesmo multiplicar o traballo cultural que vimos realizando. Porque entendemos que a cultura é a mellor ferramenta de transformación, potenciadora da democracia e da convivencia. Por iso, como entidades culturais e como persoas creadoras de cultura, reclamamos tamén ao Concello de Ferrol que cese na súa campaña contra o Ateneo, asumindo os gastos derivados da obra municipal que fixo no edificio desta entidade. E pedimoslle tamén que faga un xiro na súa política cultural, mediante o diálogo co tecido cultural e a potenciación das iniciativas xenuinas da cultura ferrolá. Que abandone, en fin, a política de desprezo ao tecido cultural, do fomento da división entre as asociacións, de falta de diálogo e até de mala educación e maltrato.

28 ago 2014

O Pirata Hosteleiro Salvador Beltrán Moreno condenado a pagar


O Empresario pirata Don Salvador Beltrán Moreno que escapou do seu barco en Coirós "Mesón El Caserío" levando todos os seus tesouros e deixando a súa tripulación sen cobrar, foi condenado en Sentencia do 22 de Xullo a pagarlle aos seus traballadores todos os meses traballados máis os meses nos que se esquenceu de dalos de baixa na Seguridade Social e ata a resolución desta Sentencia.

Quiso Don Beltrán agacharse en porto seguro e foise para Neda onde ao parecer xa anda en "busca e captura". Vai facendo amigos onde quera que vai.

O Sindicato de "mariñeiros hosteleiros" da CNT de Betanzos acadan así unha nova sentencia favorable e agora afían as súas gadañas na procura dese pescozo de pirata malandrín.

Salvador.!! Non estás a salvo.


13 jul 2014

LAVAUTO: Novo caso de piratería empresarial en Betanzos



A CNT vai iniciar conflicto contra LAVAUTO empresa de lavado de coches sita na Av. Fraga Iribirne, onde estaba anteriormente o concesionario FORD.
Non é casual que esta empresa se atope aquí porque a pesar de querer ocultalo, neste sindicato sabemos quen está detrás de este negocio: Os antigos donos do concesionario FORD- Gayolo.
Todo Betanzos sabe o ben que se portou este empresario cos seus ex-empregados, e será por iso que ten demandas para facer unha enciclopedia. Pois agora vai ter outra.

A un compañeiro deste sindicato, fixeronlle un contrato para persoas "con deficiencias físicas ou psiquícas" con intención de telo subvencionado. O noso compañeiro non o aceptou e tiveron que cambiarllo.
A continuación fixeronlle outro de media xornada cando non había día que non traballara as 8 horas, e por riba, pagaronlle sempre en negro, sin nómina.

E agora pensan que vanse desfacer deste traballador con un simple adeus mois boas. Pois vai ser que non.
Agora o caso está nas máns da CNT.

CNT demandará a Empresa Candido Hermida se non se chega a un acordo



A CNT de Betanzos iniciará conflicto e demandará a empresa Candido Hermida se non se chega a un acordo satisfactorio no acto da conciliación de mañan lunes.
O conflicto ven motivado polo despido dun compañeiro deste sindicato despois de sucesivos contratos en fraude de lei, polo que Candido Hermida debería recoñecer a antigüedade do noso compañeiro  e declarar improcedente un despido que quere ocultar cunha falsa finalización de contrato por obra.

Candido Hermida é unha das empresas máís importantes que traballan para o Grupo ZARA, sendo a responsable do moviliario das suas tendas en todo o mundo.

5 may 2014

Nova concentración contra os despidos en "La Barraca"



Sábado 10 de Maio ás 7 da tarde.
Concentración na Praza do Campo (Betanzos).
¡"La Barraca" explota e despide!
¡Readmisión das 3 compañeiras despedidas!



3 may 2014

CNT demanda ao Restaurante "Paxeiro" de Betanzos

O Mesón restaurante "Paxeiro" rexentado por Javier Casanova, vai ser demandado pola CNT, no Xulgado do Social, se antes non se chega a un acordo de Conciliación, polo despido improcedente dun compañeiro deste sindicato ,José Arcas, que estivo traballando neste local hosteleiro sen estar dado de alta e sen cotizar na Seguridade Social.
A CNT reclamará a Javier Casanova a improcedencia do despido e as cantidades non aboadas segundo marca o convenio provincial de Hostalaría.
CNT continúa coa súa campaña e accións encamiñadas a que todos os traballadores e traballadoras do Sector da Hostalaría, rachen co sistema fraudulento de contratacións tan habitual.
Cada día máis persoas de Betanzos e da Comarca deste Ramo da Hostalaría, están achegandose ao sindicato local da CNT e conformando unha sección máis forte e combativa que nos permitirá que cando menos a parte empresarial respete as condicións laboráis mínimas a todos os nosos afiliados/as.

Por un Convenio de Hostalaría respetado de verdade e non só no papel "mollado"!!
Organizate na CNT. !!