Mostrando entradas con la etiqueta Memoria Historica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Memoria Historica. Mostrar todas las entradas

10 nov 2014

Presentacion do libro Del Amor, de Ricardo Mella. Libraría Biblos


Mércores 12 Novembro
20:00 horas na libraría Biblos de Betanzos.

O 10 de novembro de 1889 celebrabase en Barcelona o "Segundo Certamen Socialista". O 15 de novembro de 1899 nacía en Pontevedra, Urania Mella Serrano. De aí que entre o 12 e o 15 de novembro deste 2014 demos en presentar en terras galegas Del Amor, libro que compendia os ensaios "Breves apuntes sobre las pasiones humanas" e "Del Amor: modo de acción y finalidad social", textos do topógrafo e pensador libertario Ricardo Mella imprentados en Madrid este
mesmo ano e que chegan agora a nosa terra da man dos seus editores, La Rosa Negra:

http://proyecto.larosanegraediciones.com/
https://www.facebook.com/libreria.larosanegra

Catro xornadas, catro puntos xeográficos distintos para coñecermos as razóns que motivaron á  editorial madrileña a dar ao prelo estes textos do pensador vigués, ao tempo que afondamos na actualidade e utilidade do ideario do "Século de Ouro" do anarquismo español. Así, a través da pluma áxil e sinxela de Ricardo Mella recordaremos un claro, honesto e harmónico xeito de encarar a vida e a realidade social.

10 mar 2013

Memoria Histórica: A CNT denuncia o xenocidio franquista.





A CNT fará unha presentación pública o próximo día 13 nun acto coa presencia de represaliados da Dictadura franquista, do proceso de Denuncia feito por diversas asociacións, entra elas a CNT, no pasado mes de Decembro na Arxentina.



Na foto: Debuxo do betanceiro Manuel Crestar Diaz no xornal Galicia Libre (20 de Xaneiro de 1938) onde representa a terrible represión do ano 36 na nosa vila.



A Confederación Nacional do Traballo presenta publicamente a denuncia que aportou o pasado mes de decembro á causa que se tramita nos xulgados arxentinos e que pretende axuizar o xenocidio cometido polo réxime dende 1936 ata 1977. Deste xeito, a CNT-AIT súmase ás accións emprendidas por parte de familiares de asasinados e desaparecidos, asociacións de recuperación da memoria histórica e demais entidades persoadas no procedemento.
    A CNT pretende así sacar á luz a represión sufrida pola organización e o Movemento Libertario dende o golpe militar do 18 de xullo de 1936 ata a promulgación da lei de amnistía de 1977, unha lei que pretende pasar páxina aos máis de 40 anos dun réxime instaurado pola forza e baseado na violencia física e social. O seu máximo dirixente e executor, o xeneral Francisco Franco, contou para isto coa colaboración de diferentes sectores militares, financeiros, políticos e eclesiásticos católicos, todos eles implicados na autoría e dirección do golpe.
    Persoada como denunciante, a central anarcosindicalista aporta milleiros de nomes dos seus militantes represaliados polo franquismo, testificacións e declaracións de testemuñas presenciais e superviventes, así como documentación relativa ao espolio e incautación de bens mobles, inmobles e contas bancarias pertencentes á CNT.
    Nos actos que se convocan (rolda de prensa e acto público) participarán o Secretario Xeral da CNT, o Presidente da Fundación Anselmo Lorenzo e o Coordinador do Grupo de Traballo de Memoria Histórica-CNT. Ademais, contarase coa presencia de tres compañeir@s que sufriron directamente a represión e que prestarán os seus testemuños como memoria viva da loita anarcosindicalista: Félix Padín, Antonio Amate e Aurora Tejerina.
    Félix Padin, que loitou nos batallóns Isaac Puente e Durruti da CNT de Euskadi, pasou longos anos en cárceres, campos de concentración e batallóns disciplinarios, nos que resistiu ás enfermidades, á fame e ás malleiras continuas. A pesares disto, continúa loitando aos seus noventa e moitos anos.
    Antonio Amate, xornaleiro de Sanlúcar de Barrameda, contaba con 13 anos cando se produciu o golpe militar. O seu pai e o seu tío, destacados membros da CNT, son arrestados e fusilados en outubro de 1936, tendo que vivir o illamento imposto polos fascistas ás familias de quen destacara sindical ou politicamente. Antonio sempre foi un loitador, participando activamente nas folgas e mobilizacións, primeiro durante a clandestinidade e logo na reconstitución da CNT na súa localidade durante a transición.
    Aurora Tejerina é filla do anarquista leonés Laurentino Tejerina. Aurora nace en Francia en 1929, onde a súa familia tivera que exiliarse durante a ditadura de Primo de Rivera. Volve a España ao proclamarse a II República coa súa familia e permanece en León ata 1947, ano en que se exilia de novo a Francia.
    A CNT proclama pública e enerxicamente, fronte a un esquecemento cómplice, o seu desexo e interese por poñer de manifesto e difundir o desastre que supuxo a instauración do franquismo, así como os esgazadores impactos que xerou á organización confederal ser carnada preferente da acción represiva de dito réxime totalitario durante decenios. Un balance obxectivo do relatado, transcorridos xa case tres cuartos de século do golpe militar e unha vez consultada a numerosa bibliografía especializada sobre a Guerra Civil española, arroxa as seguintes e dramáticas cifras, algunhas delas baseadas incluso en fontes oficiais do goberno franquista: 50.000 fusilados, 73.000  asasinados en retagarda, 30.000  desaparecidos, 500.000 internos en campos de concentración, 10.000  falecidos en campos de concentración, 300.000  encarcerados e un número indeterminado de violacións, raptos e roubo de nenos.
    Os indutores e responsables directos do golpe planearon con detalle non só o push militar, senón unha verdadeira estratexia de terror que ficou plasmada en diferentes documentos ideolóxicos, estratéxicos e tácticos que a CNT cita na súa denuncia. Na mesma, expóñense datos substanciais corroborados tanto oral como  documentalmente  por  parte  de investigadores da propia CNT-AIT, profesores universitarios e publicacións ao efecto realizadas por grupos de investigación de memoria histórica, nas que se barallaron documentos  oficiais,  declaracións  persoais e informacións procedentes  de represaliados e familiares, que moitas veces nin constan no corpus legal nin nos rexistros da propia administración.
    A CNT-AIT, como organización sindical emblemática dentro da clase obreira española no momento do golpe militar e predominante no espectro laboral en moitas provincias, contaba con cerca de 1.700.000 afiliados, cifra que logo durante o conflito civil medrou coa suma de novos adherentes. Dita posición, sumada aos seus tradicionais enfoques de defensa do traballador, do desfavorecido, do apoio mutuo e do internacionalismo, determinou seres obxecto dun ataque selectivo e deliberado por parte dos grupos máis reaccionarios procedentes do estamento político, militar ou relixioso, tendo continuidade dita actuación ata incluso concluída a denominada “transición política” ao actual modelo de monarquía parlamentaria, nos anos oitenta do século precedente.
    Compre dicir con orgullo e tristura que unha boa parte das cifras indicadas está nutrida con membros da CNT-AIT, que a propia organización estima nunha cifra non inferior a un terzo  dos  fusilados,  asasinados,  desaparecidos, prisioneiros e encarcerados polo réxime franquista. As dificultades, pasadas e actuais, no acceso ás fontes de información relativas á represión do réxime franquista, xunto ao desinterese e indolencia, cando non desidia, do Estado español en afrontar un proceso de memoria histórica que reivindique o recoñecemento e bo nome de tódolos represaliados, preséntase como unha labor urxente a realizar.
    A CNT trata agora de intensificar as accións para conseguilo promovendo a maior difusión posible acerca da represión durante o franquismo, de xeito que as xeracións futuras poidan rexeitar ese tipo de enfoques de barbarie. A Confederación pretende estudar en profundidade e poñer de relevo os impactos da represión franquista, ata agora nada ben coñecidos na súa integridade, recuperar a  verdadeira  memoria  de  todos  os  que  deron  o seu  esforzo  e a súa  vida  pola  liberdade, impedir a terxiversación da historia real, recuperar o bo nome dunhas vítimas esquecidas,  moitas veces anónimas, e destacar o  exemplo  desinteresado  de  tódolos confederais e libertarios en xeral que se opuxeron á ditadura. Os nosos  obxectivos  non  poden  ser  outros  que  romper  o  medo  que  aínda  se atopa  asentado  na  sociedade  española  en  relación  coa  memoria  histórica, quebrar os múltiples obstáculos que dende a administración se poñen á investigación nesta  temática e difundir entre a poboación, especialmente entre as novas xeracións, o magnífico e xeneroso esforzo que realizaron aqueles e aquelas que loitaron por un futuro libre de tiranías.
 --
Día 13 de marzo de 2013
Lugar: Ateneo de Madrid, Sala Úbeda, 4ª planta.
12.00 horas. Rolda de prensa. Presentación da denuncia da CNT no proceso contra o franquismo iniciado na Arxentina.
19.00 horas. Charla-coloquio. Pola recuperación da memoria anarcosindicalista. Testemuños e vivencias de compañeir@s represaliados polo franquismo.

22 dic 2012

A CNT denuncia na Arxentina o xenocidio franquista






Galiza. 21 Decembro, 2012 - 08:50
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1453

A Confederación Nacional do Traballo ven de presentar este 19 de decembro na Arxentina unha denuncia contra os crimes do franquismo, dentro do proceso que se tramita nese país contra o xenocidio cometido polo réxime dende 1936 ata 1977. Deste xeito, a CNT-AIT súmase ás accións emprendidas ante os xulgados arxentinos por parte de familiares de asasinados e desaparecidos, asociacións de recuperación da memoria histórica e demais entidades comparecentes no procedemento.
    A CNT pretende así sacar á luz a represión sufrida pola organización e o Movemento Libertario dende o golpe militar do 18 de xullo de 1936 ata a promulgación da Lei de Amnistía de 1977, unha lei que pretende pasar páxina aos mais de 40 anos dun réxime instaurado pola forza e baseado na violencia física e social. O seu máximo dirixente e executor, o xeneral Francisco Franco, contou para isto coa colaboración de diferentes sectores militares, financeiros, políticos e eclesiásticos católicos, todos eles implicados na autoría e dirección do golpe.
    A CNT entende que esa Lei de Amnistía incumpre de xeito flagrante a normativa internacional, especialmente no que atinxe aos capítulos de xenocidio e desaparición forzada. Coincide nisto coa Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, que pediu formalmente o pasado 10 de febreiro a súa derrogación ao Goberno de España, por entender que incumpre a normativa internacional sobre Dereitos Humanos e impide, en particular, entre outros, o dereito de reparación.
    Comparecida como denunciante, a central anarcosindicalista aporta milleiros de nomes dos seus militantes represaliados polo franquismo, testificacións e declaracións de testemuñas presenciais e superviventes, así como documentación relativa ao espolio e incautación de bens mobles, inmobles e contas bancarias pertencentes á CNT.
    Ao longo das súas trescentas páxinas, a denuncia de CNT enumera os capítulos da represión sufrida polo anarcosindicalismo dende os primeiros momentos do golpe ata os procesados no famoso TOP (Tribunal de Orde Público), pasando polos asasinados, desaparecidos e torturados, os campos de concentración, os batallóns de traballo e as foxas comúns que o Estado español segue aínda sen recoñecer e dignificar.
    A CNT-AIT proclama pública e enerxicamente, fronte a un esquecemento cómplice, o seu desexo e interese en pór de manifesto e difundir o desastre que supuxo a instauración do franquismo, así como os esgazadores impactos que xerou á organización confederal ser carnada preferente da acción represiva deste réxime totalitario durante decenios. Un balance obxectivo do relatado, transcorridos xa case tres cuartos de século do golpe militar e unha vez consultada a numerosa bibliografía especializada sobre a Guerra Civil española, verque as seguintes dramáticas cifras, algunhas delas baseadas incluso en fontes oficiais do goberno franquista: 50.000 fusilados, 73.000  asasinados en retagarda, 30.000  desaparecidos, 500.000 internos en campos de concentración, 10.000  falecidos en campos de concentración, 300.000  encarcerados e un número indeterminado de violacións, raptos e roubo de nenos.
    Os indutores e responsables directos do golpe planearon ao pormenor no só o push militar, senón unha verdadeira estratexia de terror que quedou plasmada en diferentes documentos ideolóxicos, estratéxicos e tácticos que a CNT cita na súa denuncia. Na mesma expóñense datos substanciais corroborados tanto oral como  documentalmente  por  parte  de investigadores da propia CNT-AIT, profesores universitarios e publicacións ao efecto realizadas por grupos de investigación de memoria histórica, nas que se consideraron documentos  oficiais,  declaracións  persoais e informacións procedentes  de represaliados e familiares, que moitas veces nin constan no corpus legal nin nos rexistros da propia administración.
    O informe non é nin pretende ser exhaustivo neste punto, pero si é fiel plasmación e traza indicativa da realidade que ocorreu en todo o territorio español. Por isto, optouse por presentar series estatísticas da represión a membros da CNT-AIT e do movemento libertario, en diferentes provincias ou rexións moi significadas dende o primeiro momento do golpe militar pola virulencia da súa actuación, proceso no que destaca a indefensión xurídica dos procesados, o violento maltrato e segregación do que foron obxecto eles e os seus familiares, a ocultación da chamada represión directa con asasinatos sen previo xuízo, os chamados “paseos” ou asasinatos indiscriminados por parte dos corpos policiais e militantes extremistas de Falanxe ou “Requetés”, as “sacas” das cárceres para proceder ao asasinato de presos mediante falsas liberacións ou a “lei de fugas”, multas e incautación de bens e venda do patrimonio sindical, xerándose así un estado de terror e medo entre a poboación, á que se lle ocultou a existencia de numerosas foxas que hoxe en día seguen emerxendo nun mapa que afecta a todo o país. Unha parte significativa destas foxas, cunetas, covas, minas, desfiladeiros, etc., nos que foron abandonados os corpos de moitos e moitas dos represaliados seguen sen ser catalogadas nin moito menos exhumadas, pese a existires unha inoperante Lei de Memoria Histórica promulgada o 31 de outubro de 2007, que obriga na práctica a familiares, entidades afectadas e grupos de memoria histórica a buscar pola súa conta recursos para proceder á exhumación dos restos, contando en moitas ocasións cunha mínima colaboración xudicial para permitir as mesmas.
    Nos casos nos que foi posible, cunha fiabilidade estimada superior ao 95 %, a información contida sobre represaliados foi verificada con índices onomásticos da Causa Xeral, do Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas, da Comisión Liquidadora de Responsabilidades Políticas, do Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo, do Xulgado Especial de Perigosidade Social e do Ministerio de Xustiza-Dirección Xeral de Prisións, complementándose co cotexo dos informes de defuncións procedentes de Rexistros Civís e libros de defuncións de cemiterios.
    A represión ocorrida de 1966 a 1977 pode cotexarse a nivel xudicial coa documentación do Tribunal de Orde Público T.O.P. (creado o 2 de decembro de 1963 e disolto o 4 de xaneiro de 1977), aínda que aquí a dificultade é maior, xa que a administración, ao existir procesados con vida, entorpece moito a súa consulta. Parte substancial da investigación deste período está por facer, xa que os prazos legais en moitos casos aínda non transcorreron, a pesares de que moitos familiares dos represaliados e represaliadas en segunda, terceira ou incluso cuarta xeración así o estean demandando dende hai tempo. Foron anos nos que o Estado amosou unha gran pericia na infiltración nuns medios confederais moi debilitados tras a guerra e a posguerra, tanto como en prácticas de intoxicación e desprestixio do Sindicato, previas a procesos de escisión auspiciados dende instancias do poder a cuxa fronte se atopaba, entre outros, o que foi ministro franquista de Interior Rodolfo Martín Villa, que destacou por ostentar altos cargos dentro do réxime coma os de Ministro de Relacións Laborais, Procurador en Cortes ou Xefe Provincial do Movemento de Barcelona.
    No tocante ao espolio dos bens do patrimonio sindical, produto do esforzo dos seus militantes por crear una rede de sedes sindicais, cooperativas, ateneos libertarios, escolas racionalistas, colectividades económicas, comedores, etc., a CNT-AIT segue a reivindicar ao Estado español un volume significativo do mesmo, parte do cal foi enaxenado violentamente polo franquismo.
    A CNT-AIT, como organización sindical emblemática dentro da clase obreira española no momento do golpe militar e predominante no espectro laboral en moitas provincias, contaba con cerca de 1.700.000 afiliados, cifra que logo durante o conflito civil medrou coa suma de novos adherentes. Tal posición, sumada aos seus tradicionais enfoques de defensa do traballador, do desfavorecido, do apoio mutuo e do internacionalismo, determinaron que fora obxecto dun ataque selectivo e deliberado por parte dos grupos máis reaccionarios procedentes do estamento político, militar ou relixioso, tendo continuidade dita actuación ata incluso concluída a denominada “transición política” ao actual modelo de monarquía parlamentaria, nos anos oitenta do século precedente.
    Compre dicir con orgullo e tristura que boa parte das cifras indicadas está nutrida con membros da CNT-AIT, que a propia organización estima nunha cifra non inferior  a  un  terzo  dos  fusilados,  asasinados,  desaparecidos, prisioneiros e encarcerados polo réxime franquista. As dificultades, pasadas e actuais, no acceso ás fontes de información relativas á represión do réxime franquista, xunto ao desinterese e indolencia, cando non desidia, do Estado español en afrontar un proceso de memoria histórica que reivindique o recoñecemento e bo nome de todas e todos os represaliados, preséntase como unha labor urxente a realizar.
    A CNT trata agora de intensificar as accións para conseguilo promovendo a maior difusión posible acerca da represión durante o franquismo, de modo que as xeracións futuras ben informadas do ocorrido poidan rexeitar ese tipo de barbarie.  A Confederación pretende estudar en profundidade e pór de relevo os impactos da represión franquista, ata agora nada ben coñecidos na súa integridade, recuperar a  verdadeira  memoria  de  todos  e todas as  que  deron  o seu  esforzo  e a  súa  vida  pola  liberdade, impedir a terxiversación da historia real, recuperar o bo nome dunhas vítimas esquecidas  -moitas veces anónimas- e destacar o  exemplo  desinteresado  de  todos  os confederais e libertarias en xeral que se opuxeron á ditadura. Os nosos  obxectivos  non  poden  ser  outros  que  romper  o  medo  que  aínda  se atopa  asentado  na  sociedade  española  en  relación  coa  memoria  histórica, crebar os múltiples obstáculos que dende a administración se poñen á investigación nesta  temática e difundir entre a poboación, especialmente entre as novas xeracións, o magnífico e xeneroso esforzo que realizaron aqueles e aquelas que loitaron por un futuro libre de tiranías.

12 nov 2011

Conferencia: Curuxás. o Guerrilleiro que Franco non cazou


Mércores 16
Lugar. Local da CNT de A Coruña (Rua Washington 36) Detrás da Casa do Home.
Hora: 20 horas.
con Carlos Parrado, autor da biografía.







Ramón Rodriguez Varela naceu en Toques en 1904, e fixo parte do sindicato Mineiro da CNT en Lousame. A partir de 1936 acada sona como guerrilleiro  baixo o alcume de "Curuxás". A súa primeira acción de envegadura foi roubar a nómina o 14 de Abril de 1937. No 1941 escapa dunda ciada na súa casa familiar matando un garda civil. Andou cun grupo vencellado ás sociedadades agrarias e obreiras polas terras do ALto Ulla, na Agolada e no Barbanza. Colaborou coa IV Agrupación do Exército Guerrilleriro e os restos do Grupo Neira.
Como puido morrer Curuxás de moorte natural en Toques no ano 1967?
Como puido sobrevivir á dictadura franquista e á sua represión durante máis de 30 anos?

26 sept 2011

Memoria dun Tempo- O barqueiro-


Venres 30 de Setembro e Sábado 1 de Outubro, ás 19:30 horas e  no salón da Asociación Cultural "A barca" (antigo cine Báez) en O Barqueiro vanse celebrar dúas conferencias de Emilio Grandío Seoane e Xosé Manuel Suárez. Ambas organizadas polo Colectivo "Memoria e Dinidade".

14 jul 2011

Os galegos en Canarias





No último ano, foros varios os compañeiros deste sindicato, que por motivos de traballo, marcharon para as illas Canarias. Tal e como veñen os tempos parece que moitos de nós imos ter que facer o que xa fixeron os nosos pais e os nosos abós.

Por eles que sempre están no noso pensamento e porque sabemos que siguen a ler o noso Betanzos Libertario.Por eles que forman parte xa dos sindicatos de Construcción e Hostalaría en Tenerife, en Las Palmas, en Fuerteventura..... Por eles vai esta nova que hoxe publicamos.




"Ochenta hombres, ochenta trabajadores gallegos que fustigados por las escaceses,acosados por la miseria,abandonan la patria haciendo sacrificios,imponiendose privaciones,vendiendo quizás los aperos de labranza o gravando con prestamos exhorbitantes el pedazo de tierra sujeto a las gabelas del fisco, han sido arrojados en tierra extraña,como mercancía inútil, como género averíado.

Solos, abandonados en su éxodo errante, encuentran la mano implacable del gobernante que les obliga a detener la marcha, a torcer su ruta.

Salieron del suelo patrio, ingarto e inhumano, en busca de otro, hospitalario y benefico; y cuando libres y gozosos miraban hacia adelante,queriendo escudriñar las promesas del porvenir, son detenidos, son encarcelados,oyendo una voz que les grita,¡deteneos,parad vuestro rumbo!.La ley os esposa y odebeded esa ley que si arbitraria e injusta, es la ley del más fuerte,del que dispone de vuestra libertad.

Y en manada carneril, en manada de sospechosos, ingresan en las prisiones del estado, como grupo de facisnerosos,cuyo exterminio a voces la sociedad temblorosa y acobardada.

El hombre tiene derecho a vivir,tiene el deber de combatir el hambre que le amenaza con una muerte horrible......"

La Opinión. Diario de la mañana. Sta Cruz de Tenerife 11 Octubre de 1904.


É a historia dun grupo de 80 emigrantes galegos que ían cara ao novo mundo en outubro de 1904 e os estafaron e deixaron colgados en Tenerife. O único apoio que recibiron foi o do movemento obreiro local, que lles axudou a sobrevivir até que lograron arranxar a situación: uns foron repatriados a Galiza, outros conseguiron embarcar noutros barcos cara ao novo mundo.


Agradecemos a Eliseo Fernanández do Sindicato de Ferrol toda a información enviada.






19 dic 2010

[A Coruña] A CNT presente nos actos da Memoria

Compañeiros/as dos sindicatos da CNT da comarca no acto de inauguración.

Esta tarde, leronse os nomes das 600 persoas asasinadas na comarca polo fascismo. Máis de cen persoas de todas as idades e ideoloxías, familiares directos das vítimas, veciños e membros de entidades da Memoria Histórica e organizacións amigas, foron os encargados de recuperar para sempre a súa memoria lendo ún a ún o nome de todos eles .
Interpretaronse diferentes pezas musicáis como a Internacional e A las Barricadas, moi aplaudidas polos centos de persoas alí concentradas.
De especial emoción ouvir os berros de Viva a anarquía ditos pola familia de Manuel Montes e José Villaverde alí presentes e que demostran que a CNT continúa a ter un espacio importante na memoria colectiva coruñesa.

15 dic 2010

Inauguración monumento na Coruña

O Domingo 19 será inaugurado o monumento "Xermolos de paz e liberdade" do escultor Xosé Val Díaz, como homenaxe a todos os represaliados polo franquismo nas localidades de A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Un total de 600 persoas asesiñadas.
O acto terá lugar na Avenida de Navarra, perto da Torre de Hercules, co campo da rata e do cimeterio de San Amaro (o triangulo da represión coruñesa). Está previsto que os actos empecen ás 5 da tarde e contarán coa poesía do compañeiro Claudio Rodriguez Fer.
A CNT de Betanzos fará acto de presencia.

22 nov 2010

os fusilamentos de Canido

Diferentes medios recollen nas súas páxinas os actos deste sábado en Ferrol e que organizados por Unión Libertária deron inicio as Xornadas Libertarias deste ano.
Ainda que o tempo non acompañou, unha treintena de compañeiras/os desde colectivo, xuntaronse nos muros do cimeterio de Canido para facer unha ofrenda floral aos fusilados do 36 que forman parte xa da memoria colectiva de Ferrol.
Debido ao mal tempo de toda a xornada, os actos concluiron escoitando a música de Amelia Onega (na foto) e das palabras do poeta Xoan Abeleira.


Crónica e fotos:

No diario de Ferrol
- http://www.diariodeferrol.com/index.php ... emi-ferrol
Na Voz de Galicia
No diario liberdade

12 ago 2010

Os canteiros de Cerdedo


Mañan cumprense 74 anos do asasinato en Pedre (Cerdedo) de dous canteros da parroquia de Figueroa, Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, a mans de falangistas por ser sindicalistas activos dun gremio afiliado á Confederación Nacional do Traballo (CNT). Outras tres persoas que formaban parte da lista negra tiveron mellor sorte ocultándose entre o millo.
A asociación Verbo Xido celebrará a partir das 20.00 horas, xunto ao monumento conmemorativo de Ponte do Barco, unha homaxe en memoria dos dous cerdedenses. No acto participarán tamén os poetas Xose Luís Santos Cabanas e Elisa Ribero, quen recitarán alguns dos seus versos.
Verbo Xido. Video:

31 dic 2009

"Memorias Rotas" Documental




O vindeiro xoves 7 de Xaneiro terá lugar no Teatro Rosalia da Coruña a presentación do documental "Memorias Rotas", sobre o asasinato dos cenetistas José Moreno Torres e os milicianos do Batallón "Galicia" no Acebo (A Fonsagrada). O acto será as oito da tarde e contará coa presenza da directora, Manane Rodríguez, e diversos membros do equipo e colaboradores, entre eles Eliseo Fernández, militante da CNT de Ferrol e historiador do anarquismo galego, que elaborou o guión do documental.

30 jun 2009

Curuxás. Guerrilleiro e anarcosindicalista.


Copiamos integramente esta nova da páxina da CNT-Galiza porque parecenos unha nova importante para nós que desde Betanzos Libertrio sempre defendimos a necesidade de estar presentes nos actos da recuperación da nosa Memoria. Moitas gracias compañeir@s de Compostela, por asistir e deixarnos estas liñas.

Curuxás. Guerrilleiro e anarcosindicalista.

Concello de Toques na Terra de Melide, sábado 27 de Xuño à tardiña, na parroquia de Vilamor celebra-se un emotivo acto con grande calor humano e moito público, na memória de Ramón Rodríguez Varela “Curuxás”, anarco-sindicalista da CNT e utilizando o título do libro de Carlos Parrado, “Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco”.
O acto foi precedido de unha palestra organizada en Melide pola asociación, tamén de recuperación da memória histórica “Terra de Melide”, na que falaron Carlos Parrado o grande especialista e estudoso da figura de Curuxás ao que dedicou a sua vida e o historiador Carlos Velasco, profesor da Universidade da Coruña, glosando a figura do combatente libertário perante un público totalmente entregado à causa de Curuxás, pois entre os asistentes estaban parentes e veciños, o guerrilleiro que mantivo a dignidade e a resisténcia contra o fascismo até o 14 de Maio de1967, en que morreu de morte natural no Freixeiro – Palas de Rei, comarca da Ulloa.
As causas polas que Ramón Rodríguez Varela “Curuxás”, foi quen de resistir ao fascismo durante 31 anos en clandestinidade, pudemo-las perceber neste acto pola cantidade de veciños e veciñas que asistiron, pois foi grazas a este apoio que o Curuxás pudo resistir tantos anos às forzas represivas da guarda civil. Unha representación da CNT asistiu para lembrar ao noso compañeiro, colocando unha bandeira da CNT e agradecer aos veciños e veciñas da comarca a solidariedade mostrada con Curuxás durante tantos anos, o que permitiu que o facho da liberdade continuara aceso nas terras de Melide e da Ulloa.
http://www.cntgaliza.org/

18 abr 2009

Os conquistadores modernos

Os conquistadores modernos foi o nome dun grupo de anarquistas portugueses exiliados que traballaron nas minas de Lousame perto de Noia. A Historia do anarcosindicalismo galego ten por tanto páxinas escritas en portugués.
Conquistadores foron tamén (aínda que doutro tipo ben diferente) aqueles dos que Júlio Carrapato, unha das mellores letras do anarquismo portugúes, nos fala no seu libro "Os descobrimentos portugueses e espanhois ou a outra versáo de uma História mal contada".
.
Cruzar o Tejo en Lisboa na compaña de Antonio Mota e Ana Sofía Pereira , dez minutos de travesía foron suficentes para decatarse dos lazos sentimentáis e ideolóxicos que nos unen cos libertarios deste país. As preguntas e as miradas complices falan das inquedanzas e esperanzas dos nosos irmáns portugueses por recuperar como facemos nós a Memoria Histórica dese grande descoñecido: O anarquismo portugués.
Traemos boas sensacións. Os compañeiros da AIT-SP, son o xerme do anarcosindicalismo portugués. E os cenetistas galegos temos que ser a ponte ibérica do rexurdir do Ideal e das formas organizativas do sindicalismo libertario polo que esperamos que podamos compartir aproveitando as nosas linguas comunes, un esforzo editorial conxunto.
O blog dos anarcosindicalistas portugueses:

10 feb 2009

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares.

Na foto: Jose Villvarede.


O Proxecto de Investigación interuniversitaria "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" ven de incrementar o seu fondo documental coa dixitalización de documentos de gran valor histórico, destacando a colección da cabeceira anarcosindicalista Solidaridad Obrera editado na Coruña nos anos 30.

Os orixinais propiedade da familia Villaverde e completados con algún número dos arquivos da CNT en Amsterdam son un elemento de primeira importancia para o estudio do movemento obreiro de anteguerra.

Ademáis parece ser que tamén estanse a dixitalizar as cabeceiras dos xornáis máis representativos da CNT dos anos 70 do pasado século (cnt e solidaridad obrera de Barcelona), polo que estaremos atentos para ver as posibilidades de acceso público a estes importantes documentos.
Algún de nós tivemos a sorte de ter acceso ós orixináis desta Colección particular, así como coñecer a Palmira Otero e Luz Villaverde, muller e filla de José Villaverde. Con grande amabilidade pola sua banda deixounos fotocopiar os exemplares da Soli, así como de moitas fotografías de aqueles anos (esta entre elas). A Colección atopase hoxe nos arquivos Históricos do Ateneo Ricardo Mella de A Coruña (no local da CNT herculina), onde poden ser consultados. Agora coa dixitalización pensamos que se facilitará moitisimo a súa consulta para o público e os investigadores de fora.
Quedamos pois agardando máis novas relativas a este traballo de investigación.

3 sept 2008

As tres Marías.

Na entrada da Alameda Compostelán atopamos duas mulleres de vestir estrafalario, fotografiadas por centos de turistas que as levan nas súas cámaras como recordo e "souvenir"desta Compostela desmemoriada.
Se cadra algún ex-estudante cincuentón se acorde dos anos setenta e daquelas mulleres que gustaban dos homes novos e acompañaban as tardes chuviosas de viños pola rúa do franco.
Hoxe, só os cenetistas compostelans recordan cada ano, a vida., As vidas destas mulleres que representan como ninguén a caricatura dunha época de fondo temor.
Moito falei con Fandiño sobre os sindicatos da Compsotela do 36, sobre os seus irmans maiores. Cando viña de mañan e sacabame da cama para ir comer o polbo ao "catro". Hasta teño unha ralación das mesas,sillas e estanterías que había en cada local da CNT.... era para cando a devolución do Patrimonio- dicía- ,e nunca, nunca,nunca oín da súa boca nada das irmás, as Marías. Tardei ben tempo en relacionalo.
Agora o Xuiz Garzón vai facer un listado coas vítimas da Represión. Xa non sei se rir ou chorar. Veñenme tantas historias á cabeza. O Talache dos tangos, Merlán e a súa escola racionalista de Ferrol, Figueroa e as botas dos militares.... Tantas. ¿Que carallo vas recuperar Garzón? Isto levamolo moi dentro e ainda agora estades a calar a verdadeira HISTORIA.