Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas e convocatorias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas e convocatorias. Mostrar todas las entradas

24 jun 2015

Festa da Cultura Popular en apoio ao Ateneo Ferrolán



Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán – O Seixo
sábado 27 de xuño de 2015

“Nunca choveu que non escampara”
A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo e oAteneo Ferrolán organizan unha festa de arte e cultura no Seixo o vindeiro sábado 27 de xuño. A actividade quere ser unha xornada de confraternización do mundo cultural da bisbarra, convocados en solidariedade co Ateneo Ferrolán. Aínda que o problema do patrimonio do Ateneo parece en vías de solución, a entidade padece aínda problemas económicos derivados das débedas contraídas nos últimos tempos por mor das obras de rehabilitación da súa sede e da falta de calquera axuda por parte do Concello de Ferrol nos últimos catro anos. É por iso que o beneficio económico dos actos destinarase ao Ateneo Ferrolán, para o reflotamento económico dunha entidade de vocación cultural aberta e plural que sempre traballou en estreita colaboración co tecido cultural da cidade. É por iso que o festival conta coa colaboración e participación de entidades sociais e culturais da bisbarra nunha listaxe que crece día a día, e na que até o momento figuran a Asociación Cultural Fuco Buxán, a Fundaçom Artábria, a Asociación Cultural Muiño do Vento, A Revolta de Trasancos, o Colectivo Opaii Radio Filispim, a Asociación Conxeito, o Club do Mar de Mugardos, e a Sociedade O Pote de Maniños.

O Festival ten dúas actividades diferenciadas: unha Feira Cultural que terá lugar no Souto de Beiramar (O Seixo), entre as 14 e as 19 horas, e unha Gala Solidaria, a partir das 20 horas, na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo.

A Feira Cultural contará con actividades como poesía, roteiros, música tradicional, xogos populares, exposicións e diversas actividades, organizadas polas entidades participantes na Festa. Iniciarase cunha comida no fermoso paraxe do Souto de Beiramar ás 14 horas. En caso de choiva a Feira terá lugar nos locais da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.

A Gala Solidaria será un festival artístico e musical que se vai desenvolver na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, e na que participarán o Mago Fiz, Lenda Ártabra, Faraway, Trío Blues, Alumnos da Escola da Vaca, Óscar Fojo, Saravá Criôlo, Eugenia Sanmartím, Bitxo Bola, Os Derradeiros e DJ Miguel López.


En breves datas o Ateneo porá á venta as entradas para a Gala Solidaria (5 euros) no seu local e noutros pontos de venta.

7 may 2015

1 de Maio da CNT en Galicia


CNT na manifestación de Ferrol

O Pasado 1 de Maio, a CNT realizou diferentes manifestacións na nosa Comunidade. Ademáis de en Ourense e Vigo, a CNT convocou un acto na vila de Ferrol, onde acudimos afiliados e afiliadas de Betanzos.




Novo local da CNT en Ponteareas

Aproveitamos para informas aos nosos lectores, apertura dun novo local confederal. Esta vez na vila de Ponteareas. O enderezo é na Rua Esperanza nº 13 (36891 Ponteareas).
Paso a paso, imos abrindo espazos para o encontro dos anarcosindicalistas. Enhoraboa!.

26 abr 2015

1º de Maio en Ferrol




A CNT de Betanzos súmase á convocatoria que a CNT fai este 1 de Maio na cidade de Ferrol conxuntamente coas Marchas da Dignidade de Ferrolterra.
A Convocatoria é para ás 18 horas ( 6 da tarde) polo que teredes tempo de asistir a outras convocatorias que se fagan pola mañan. 

24 feb 2015

A CNT chama a participar na manifestación das Marchas da Dignidade



As manifestacións, que terán lugar o 25 de febreiro, teñen como obxectivo ir xuntando forzas de cara á gran mobilización convocada para o vindeiro 21 de marzo en Madrid. A manifestación partirá ás 20:00 desde a Porta do Camiño.
As Marchas da Dignidade volven á rúa para amosar a súa oposición ás políticas antipopulares e antiobreiras impostas desde o FMI, o BCE e a UE e seguidas ao pé da letra polos gobernos de Rajoy en Madrid e Feijoo en Galicia. Unhas políticas que están levando á pobreza e á exclusión social a sectores cada vez máis amplos da clase obreira co único obxectivo de salvagardar as plusvalías da Patronal e os intereses da Banca, e que contan, ademais, co silencio cómplice das grandes centrais sindicais sistémicas: CCOO e UXT.
O pasado 22 de marzo, no 2014, un millón de persoas manifestámonos en Madrid convocadas por centos de organizacións sociais, sindicais e cidadáns para protestar pola situación de explotación, miseria, recortes e ataques aos dereitos máis básicos que estabamos a atravesar. Alí estivo a Columna Galega apoiando a necesidade de combater tanta agresión.
Transcorrido un ano, as condicións de vida do pobo, provocada polos gobernantes, fieis lacaios do capitalismo máis voraz e desapiadado, e os seus cómplices nas súas políticas de desmantelamento dos servizos públicos e dos dereitos sociais, non variaron nin un átomo, agás as maquillaxes electoralistas interesadas. Máis ben, polo contrario, segue medrando a dor e o desastre por todos lados tras anos de políticas contrarias ao pobo, co incremento da pobreza e da represión.
Volvemos a Madrid o próximo 21 de marzo para denunciar que a complicidade entre o FMI, o BCE e a UE cos poderes políticos e empresarias leváronnos a unha situación terrible:
• No estado español o 25% da infancia sofre desnutrición e mesmo hai moita xente que pasa fame.
• Hai máis de dez millóns de persoas pobres, cobrando menos de 600 euros ao mes, 700.000 familias sen ingresos e máis de tres millóns de persoas sen emprego e sen prestacións.
• Hai 5,5 millóns de persoas no paro, e quen ten a sorte de asinar un contrato, o fai en condicións de precariedade impostas, moitas veces na obriga de antepoñer a necesidade de supervivencia a propia dignidade.
• Desaparecen dereitos laborais básicos, nos impoñen a xornada, a categoría e o salario. Os contratos dignos, con salario suficiente, pasan a ser historia.
• Conxélanse as pensións e endurécense as condicións para chegar dignamente á xubilación.
• Reprímese selectivamente a sindicalistas e activistas sociais, así como as súas organizacións, resultando ducias de persoas condenadas á cadea por manifestarse ou secundar folgas, e impóñennos milleiros de multas que buscan romper a mobilización popular.
• Milleiros de persoas son expulsadas das súas vivendas.
• Négaselles asistencia sanitaria a millóns de persoas, chegando a negar medicamentos que poden supoñer a curación de enfermidades mortais.
• Condénase a mocidade á emigración.
• Entrégase o territorio, a auga..., a Natureza, á voracidade depredadora do capital, destruíndo o medio e o futuro.
• Destrúese a economía agraria e pesqueira.
• Execútanse políticas crueis, xenófobas e inhumanas coas persoas inmigrantes.
• Entréganse os servizos públicos ao capitalismo, que busca obter beneficio a costa do deterioro do servizo e da nosa dor.
• A resposta a esta iniquidade, xeneralizada, supón apostar pola insubmisión ás súas leis, deseñadas para favorecer aos poderes e intereses amigos, e aos seus, loitar e recuperar a dignidade como pobo, seguir mobilizándonos, e pasar á ofensiva.

Polo tanto:
• Dicímoslles aos poderosos que xa abonda de nos roubar: vivendas, empregos, salarios, pensións, saúde, educación e os dereitos imprescindibles para levar unha vida minimamente digna.
• Berramos que xa abonda de espoliar os nosos dereitos básicos: a liberdade de manifestación, a liberdade de expresión, a liberdade de folga, a liberdade sindical, a liberdade de defendernos firmemente das súas agresións e enfrontarnos aos seus intentos de deixarnos sen presente e sen futuro.
• Combatemos radicalmente o seu sistema corrupto, xerador de desigualdades abismais e de inxustiza social.
• Negámonos a aceptar o seu concepto de débeda, que pretende atraparnos nunha escravitude perpetua.
• Reivindicamos e esiximos unha sociedade xusta, libre, e igualitaria para termos unha existencia merecente de ser vivida.

E por todo isto, seguimos esixindo:
• A restitución ao pobo dos 120.000 millóns entregados ao poder financeiro.
• A derrogación da lexislación laboral e de pensións que tanta dor teñen espallado entre a clase traballadora.
• A reversión das medidas destrutoras, privatizacións, desmantelamento e recortes dos servizos públicos, tanto en sanidade como en educación, en servizos de emerxencia, en comunicacións e transporte publico (ferrocarrís, transporte urbano, correos) e en enerxía.
• Contratos fixos e salarios suficientes para ter unha existencia digna.
• A redución da semana laboral a 30 horas, para poder traballar todos e todas e fomentar a igualdade e o reparto de tarefas no centro de traballo e no fogar.
• A fixación de salarios e pensións mínimas dignas, en contía suficiente que permita a independencia económica das persoas perceptoras.
• O retorno ao ámbito da xestión pública das empresas de sectores esenciais para a vida (enerxía, auga...), e dos servizos sociais e sanitarios.
• O dereito á vivenda digna inembargable
• O dereito á libre decisión sobre a saúde sexual e reprodutiva, incluído o aborto con carácter libre e gratuíto.
• A retirada da Lei Mordaza.
• A promulgación de políticas que desenvolvan a nosa agricultura, a nosa pesca, e o noso medio ambiente, como sectores estratéxicos e sustentadores da vida.

Seguimos mobilizándonos, e camiñamos para construír unha sociedade máis xusta e por iso, a Columna Galega das Marchas da Dignidade confluirá coas do resto do estado en Madrid o vindeiro 21 de marzo.

16 feb 2015

Betanzos: 2º Encontro de troco da Rede Galega de Sementes



Sabado 21 de febreiro, XIV Encontro da Rede en Betanzos


no MATADOIRO (Rúa José García Acuña / Rúa Marina)  de BETANZOS
Trae as túas sementes para trocar!
PROGRAMA DA XORNADA
10.00h Apertura da feira mesa de troco
12.00h Obradoiro de ” Extracción de sementes e variedades locais”
14.30h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir!
17.00h  Charla- Debate ” Eucaliptización e perda do terreo agrario”

18.30h Charla- Debate ” Trasvase Meirama- Cecebre”

19.30h Peche da mesa de troco

e ó longo do día..,
Foliada popular  ” Os do Xalo”  , feira de produtoras en ecolóxico e artesáns e obradoiros para nenas e nenos
 
NOTA: A mesa de troco de sementes estará pechada de 14.30 a 16.30h
** O día anterior, venres 20, as 17 horas, no CSO Vista Alegre haberá unha charla e proxección sobre “Transxénicos e Lei de Sementes”

1 feb 2015

A CNT concentrouse esta mañan diante de La Barraca




Este Domingo 1, día de Feira en Betanzos, a CNT aproveitou a presenza de moita xente na praza do Campo, lugar onde se atopa o local pirata La Barraca, para repartir panfletos explicando o conflicto que temos aberto contra estos abusadores da Hostalaría e esixir megafono en man, a readmisióndas nosas tres compañeiras despedidas.

Unha veintena de militantes ( número que evita ter que solicitar permisos legáis de manifestación) asistimos a mostrar a nosa solidariedade coas compañeiras  e recordarlle á empresa que imos continuar ata que acate a sentenza  que declara NULOS os despidos.

Como os explotadores avariciosos tan só entendedes  as cousas cando vai aos vosos petos. O que aforraches  pagando de menos e sen cotizar a Seguridade Social, agora valo pagar con creces.

La Barraca: Tes que readmitilas e pagarlles todos os meses desde o despido ata a data da sentenza.!!

Sección Hostalaría CNT Betanzos e Comarca.

28 ene 2015

De novo CNT, contra os despidos en "La Barraca"

A CNT prepara unha nova concentración contra o despido das nosas 3 compañeiras que conforman a Seccion Sindical nesta empresa no seu centro de traballo en Betanzos.




La Barraca, establecemento hosteleiro sito na Praza do Campo en Betanzos, tiña traballando ás nosas compañeiras nunha situación de explotación total. Non se lles aplicaba o convenio de Hostalaría e estaban obrigadas a traballar máis de 10 horas diarias sen días libres nen vacacións.
Aínda así e una vez que foron renovados os seus contratos temporáis, decidiron organizarse e constituíron unha Sección Sindical da CNT na empresa. Cando lle comunicaron ao empresario que querían negociar as suas condicions de traballo, o encargado do establecemento deulles o despido inmediato.
As traballadoras e a CNT denunciaron o despido, e meses despois o Xulgado de A Coruña emite sentenza que declara Nulos os despidos e a obriga da empresa a pagarlles os salarios de todos estos meses.
A empresa está dando largas  non acatando a sentenza, e négase a readmitilas.
 Ademáis durante o proceso sae a luz que esta empresa non cotizou á Seguridade Social por ningún dos traballadores que ten en Galicia, polo que estamos ante un fraude a gran escala.
Moitos destes traballadores/as que pasaron durante este ano por La barraca estanse afiliando no sindicato da CNT porque viron que nesta Organización son os proprios traballadores os que deciden de que forma actuar.

Qué esixen as traballadoras e a CNT?

-          A readmisión das 3 despedidas
-          O Cumprimento da sentenza e pago de salarios atrasados
-          O Cumprimento da xornada laboral e da taboa salarial do Convenio de Hostalaría

¡ Readmisión de Tania, de Vanessa e de Mónica!
La Barraca. Paga o que debes!!!!

Traballador /a , se vives en Betanzos, a CNT é o teu sindicato.
Afiliate para defender os teus dereitos


CNT en Betanzos: betanzos@cntgaliza.org
Sede do Sindicato
Avenida de Esteiro nº10 baixo. 15.401 Ferrol
Telefono: 981 300 250

10 nov 2014

Presentacion do libro Del Amor, de Ricardo Mella. Libraría Biblos


Mércores 12 Novembro
20:00 horas na libraría Biblos de Betanzos.

O 10 de novembro de 1889 celebrabase en Barcelona o "Segundo Certamen Socialista". O 15 de novembro de 1899 nacía en Pontevedra, Urania Mella Serrano. De aí que entre o 12 e o 15 de novembro deste 2014 demos en presentar en terras galegas Del Amor, libro que compendia os ensaios "Breves apuntes sobre las pasiones humanas" e "Del Amor: modo de acción y finalidad social", textos do topógrafo e pensador libertario Ricardo Mella imprentados en Madrid este
mesmo ano e que chegan agora a nosa terra da man dos seus editores, La Rosa Negra:

http://proyecto.larosanegraediciones.com/
https://www.facebook.com/libreria.larosanegra

Catro xornadas, catro puntos xeográficos distintos para coñecermos as razóns que motivaron á  editorial madrileña a dar ao prelo estes textos do pensador vigués, ao tempo que afondamos na actualidade e utilidade do ideario do "Século de Ouro" do anarquismo español. Así, a través da pluma áxil e sinxela de Ricardo Mella recordaremos un claro, honesto e harmónico xeito de encarar a vida e a realidade social.

8 nov 2014

Marchas da Dignidade 29N


O 29 de Novembro converxen en Compostela as Marchas da Dignidade. A CNT considera que hai motivos sobrados para invitar a todos e a todas a sumarse e participar nos distintos actos en torno ás marchas, tal como as manifestacións a nivel comarcal do dia 6, como a acudir a Compostela o dia 29. 

Levamos anos vendo como, mentres o paro e a pobreza non deixan de crecer, os distintos gobernos serven ás élites financeiras e patronais, a cuxo beneficio destinaron miles de millóns de euros, obtidos de desmontar servizos e prestacions públicas xa de seu moi precarios, nunha xigantesca operación de socialización das perdas e privatización dos beneficios. En resumo, agrédennos cunha política económica e social cada vez máis represiva e inxusta.

É hora de dicir basta. É hora de dar unha resposta contundente, unha resposta que para a CNT só pode vir da movilización, na rúa, nos centros de traballo, nos barrios; desde a confrontación co poder e desde abaixo, apostando pola auto-organización dos traballadores e traballadoras.

As Marchas da Dignidade deben ser un paso máis, o máis masivo e contundente que sexamos capaces de construír, un paso ao que será necesario dar continuidade e onde os movementos sociais e o sindicalismo máis combativo deben tomar o protagonismo, avanzando cara á convocatoria dun folga xeral con capacidade real de revertir en favor da clase traballadora as políticas que estamos sufrindo.

A CNT estará presente nesta movilización. Estamos seguros de que entre todos seremos capaces de enviar unha clara mensaxe aos poderes económicos e políticos, así como ás cúpulas dos sindicatos oficiais. Esta mensaxe é que a paz social acabouse e que o expolio de dereitos e liberdades aos traballadores non lles sairá gratis. A loita está na rúa e esténdese. Esperamos que este día sirva para que a sociedade esperte, sómese á protesta e organícese.

Devandito isto, desde a CNT queremos expoñer claramente que non compartimos nin apoiamos o claro carácter electoralista e de apoio á vía política que algúns actores do 29-N pretenden ofrecer á clase traballadora como vía de solución aos seus problemas. Rexeitamos que se pretendan aproveitar as enerxías e esperanzas de cambio e redirigir a loita das persoas ao calexon sen saída do voto.

Nin a dignidade nin a liberdade serán negociadas por ningún novo líder xurdido das urnas do sistema. Debemos ser nós e nós sen delegar en ninguén quen acabemos conquistando novos e maiores dereitos. E para facelo non podemos apostar de novo polos medios do poder establecido, porque seremos traizoados como ocorreu históricamente. Só será posible emprender o camiño da dignidade cando o poder resida nas asembleas, afastadas do modelo político e sindical jerárquico, de eleccións e parlamentos, de liberados e comités.

Esta senda deixounos meridianamente claro que o capitalismo non admite máis capas de maquillaje nin reformas e que a súa desaparición constitúe o único escenario razoable. Debemos loitar por unha revolución social que sexa capaz de transformar desde os cimentos esta sociedade baseada na desigualdade, a única forma de reconquistar nosa dignidade.

Vémonos na rúa o día 29, pero a loita debe continuar. Do 29-N ao Primeiro de Maio, á folga xeral. Impulsemos un sindicalismo baseado na acción directa, o federalismo, a solidariedade e a autogestión, unha ferramenta capaz de plantar cara ao capitalismo ata a transformación da sociedade: o anarcosindicalismo. A CNT pode ser a túa ferramenta de loita.

5 may 2014

Nova concentración contra os despidos en "La Barraca"



Sábado 10 de Maio ás 7 da tarde.
Concentración na Praza do Campo (Betanzos).
¡"La Barraca" explota e despide!
¡Readmisión das 3 compañeiras despedidas!



15 mar 2014

CNT protesta polas tres despedidas en "La Barraca"

Na foto: As traballadoras despedidas no comezo da concentración.

Na tarde de hoxe CNT concentrouse diante do establecemento hosteleiro "La Barraca", para protestar polo despido de tres traballadoras deste sindicato que acababan de crear a Sección Sindical.
Inmediatamente que a empresa recibe a creación da Sección Sindical decide despedilas, cando tan só dous días antes renovara o seus contratos, o que demostra claramente que tan só motivos de discrimación sindical  e ningún outro motivaron estos despidos.
Os traballadores de "La Barraca" traballan por riba das 60 horas semanáis. Non se lles respetan os días libres. Non cobran segundo o Convenio de Hostalaría nen por transferencia bancaria, obrigandolles a asinar nóminas de 1100 euros pero cobrando en cheque tan só 900 euros.
Se esto parece pouco cambia a empresa cada pouco tempo sen consentimento dos empregados nun burdo intento de evitar a legalidade laboral.
A CNT convocou a perto de 40 compañeiros/as  que lle demostraron a "La Barraca" que Tania, Mónica e Vanessa non están soas, e que cando un empresario sen escrupulos ataca a Liberdade Sindical, toda a CNT responde.
O Sindicato repetirá e incrementará a presión á empresa, e xa ten pensado legalizar unha manifestación en Betanzos que contará co apoio dos sindicatos das localidades onde "La Barraca" ou a empresa Limperhostel ten presencia.
Ao tempo o equipo xurídico do sindicato prepara as demandas para obrigar a empresa a readmisión inmediata das despedidas.
A CNT renovará a sua Sección Sindical con novos traballadores de La Barraca que estanse a afiliar ao sindicato nesta vila e outras de Galicia.

11 mar 2014

La Barraca: Explota e Despide


La Barraca de Betanzos explota e despide.

Explota:
Porque fai traballar aos seus empregados 56 horas por semana.
Porque paga menos das nóminas que obriga a asinar.
Porque fai contratos en fraude de lei

Despide:
Porque non quere ter traballadores organizados
Porque non quere recoñecer que a meirande parte dos traballadores que ten, son afiliados/as no sindicato Unico de Betanzos da C.N.T.


Sábado 15 de Marzo ás 19 horas: CONCENTRACION DIANTE DE "LA BARRACA" 
Praza do Campo de Betanzos.
¡¡Readmisión das 3 delegadas despedidas!!


2 feb 2014

9º encontro da Rede Galega de Sementes





Xa podemos anunciar que  o día sábado 15 de febreiro teremos un novo encontro da rede. Desta vez será en Betanzos, na Praza do Campo (Irmáns García Naveira). Polo momento aínda non está pechado o programa, pero xa podemos ir anunciando o que está confirmado:
Programa:
10.00h Apertura da feira
11.00 h Apertura da mesa de troco
12.00 h Obradoiro de " Plantas que curan plantas. Purines e extractos vexetais para a horta"
     Obradoiro para crianzas
14.00h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir!
       Obradoiro para crianzas
18.30h  Charla- Debate " Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías e o Estado".
Casos concretos na Galiza:
- Megaminería destructiva na costa da morte. Contraminate
- Cenit do petróleo, transición e resiliencia. Véspera de nada
- Lei de Augas
- Tranxénicos e soberanía alimentaria
19.00 Peche da mesa de troco
e ó longo do día:
música para acompañar a xornada, feira de produtores ecolóxicos e artesáns,
e xogos para crianzas
NOTAS:estará pechada de 14.00 a 16.00h
- Haberá carpas e en caso de temporal a xornada será no Matadoiro
( Rúa José García Acuña / Rúa Marina),

27 nov 2013

Xuntanza de Sementes no noso local



O día 4 de Decembro, as 21.00h da noite no local da CNT Betanzos, propoñémosvos unha xuntanza pra organizar un Encontro de Sementes en Betanzos, encadrado dentro da Rede Galega de Sementes.

Dende hai tempo, A Rede Galega de Sementes ven organizando diferentes encontros en distintos lugares do país.

Brevemente, describir o seu traballo e idea dos mesmos; que consistiría en platexar unha xornada ( dende a mañán a tardiña) na cal ademáis de distintos postos de productores e artesáns, así como a posibilidade de facer obradoiros/ debates/ mesas redondas... entorno a temática, ten lugar a mesa de intercambio de sementes.
O obxectivo desta mesa, é favorecer o intercambio e troco de sementes, coa finalidade de conservar a diversidade e calidade das nosas especies.
A idea desta xuntanza do día 4, sería atoparnos pra falar da organización desta xornada ( cómo preparala, contactar con diferentes axentes, repartir tarefas de organización e loxística do encontro, pensar en posibles obradoiros/debates/mesas redondas... que poidéramos considerar interesantes para o encontro...) e sobre todo xuntarnos pra intercambiar ideas e propostas pra facer e ofrecer unha bonita xornada de troco de sementes en Betanzos!
Esperámosvos o día 4 de Decembro, as 21.00h da noite, no local da CNT-Betanzoscon moitas ganas!
Un saúdo e ata pronto!

16 nov 2013

Carlos Taibo e o renacer libertario



"Asistimos a un visible renacemento do pensamento libertario que tanto lle debe ao fracaso dos modelos da socialdemocracia e aos do malchamado socialismo real como á certificación de que o capitalismo estáse adentrando nunha fase de corrosión terminal que nos achega ao momento del colapso." 
Carlos Taibo.

En breve subiremos o video da palestra completa de Carlos Taibo no Liceo de Betanzos. Palestra presentada e organizada polo noso sindicato.