13 mar 2013

Pangarcos e CNT

Recollemos da páxina da CNT de Galiza, unha nova relativa a denuncia que o empresario e dono de PanGarcos fai contra a CNT, tempo despois de que este acabara pagando as débedas contraídas cunha compañeira.

"Despois de que durante o pasado ano este sindicato estivera en conflito coa panadaría PanGarcos cando unha asalariada desta empresa fora despedida despois dun ano de traballo en situación máis que irregular: xornadas de 10 horas ao día, nóminas falsas, impago de horas extras e traballo en días festivos, salario por debaixo do convenio, falta de vacacións, etc., e despois de ter chegado a un acordo no que o empresario recoñecía as débedas coa compañeira, este mesmo empresario que se queixaba de que "A acción directa é unha putada" ven de interpoñer unha denuncia contra a CNT e contra a súa ex-empregada por inxurias e calumnia.

Se o señor empresario de PanGarcos pensa que con esta medida vai conseguir arredar á CNT da nosa vontade de denuncia de todos os abusos que a clase traballadora sufre por parte dos empresarios e na nosa práctica da acción directa, lévao claro. 
Desde a CNT seguiremos afirmando que os empresarios que non pagan correctamente aos seus traballadores, que lles obrigan a facer horas extras e non llas pagan, ou que non lles dan vacacións son uns explotadores, e seguiremos practicando a acción directa todas as veces que sexa necesario para rematar cos abusos empresariais."


O sindicato de Compostela ven demostrando nestes últimos anos que os empresarios sen escrupulos empezan a  ver na acción do sindicato un terrible inimigo ás súas prácticas explotadoras. O resultado é que cada día máis traballadores ven na CNT unha ferramenta verdadeiramente útil. 

Nos próximos días contaremos un exemplo semellante que está a suceder en Betanzos, onde a CNT está a estudar a estratexia da denuncia que vai presentar. Estade ao tanto, que a historia vai dar que falar na nosa vila.

No hay comentarios: