4 jul 2013

Como afiliarse na CNT

A afiliación  formalizase en persoa, por iso debes dirixirte á sede do Sindicato Único de Oficios Varios de Betanzos e Comarca da CNT, sita na Rua San Francisco 40 1º no Arco da Ponte Nova.

Podes enviarnos un correo ou chamarnos para poñer cita 

betanzos@cntgaliza.org 
tlf  699 582 005 

Non se fai distinción algunha para afiliarse, nada máis que sexas traballador/a ou estudiante, en paro ou en activo, ou autónomo sen asalariados. 
 Non hai que ser anarquista para afiliarse na CNT. Esa é, precisamente, unha das confusions máis frecuentes de aqueles que veñen ao sindicato. A CNT fai  anarcosindicalismo pero non é un grupo político. Os/as traballadores/as da CNT teñen completa libertade para decidir a sua filiación ideolóxica ou as  suas crencias. O sindicato debe ser un centro de aprendizaxe e espallamento da cultura libertaria para o conxunto da sociedade, pero tamén unha ferramienta de utilidade para acadar melloras inmediatas para os/as traballadores/as.
Os beneficios de estar afiliado/a no Sindicato son sentirse organizado/a e  con maior forza e protección, xa que podes apoiarte no resto dos compañeiros/as  e de toda a Confederación no caso de conflicto laboral,  experimentando o que é a solidariedade real, algo que non é moi  común nos nosos  días. Ademáis, tamén podes consultar coa asesoría xurídica e sindical as tuas dubidas e problemas, establecer estratexias de accion sindical e xurídica, etc. As consultas son gratuitas para todos pero tan só os afiliados/as terán o respaldo do sindicato en caso de denuncias ou calqueira outra situación que demande acción sindical.
Nos non somos un Sindicato de servicios nin unha xestora sindical, as decisions  tomamolas en asemblea, polo que non delegamos en Comités Executivos. Os/as compañeiros/as que te atenderán non cobran salario algún por facelo.

 

Cuota sindical


cuota mensual de afiliación -pola que funciona o sindicato- é de 10 € para os traballadores en activo.
Os traballadores a media xornada, estudantes, parados e pensionistas poden pedir reducción da cuota e 
Parados sen prestación poden pedir quedar Exentos mentras non teñan ingresos.

As cuotas poden abonarse de forma directa no Sindicato ou a través de banco.
CNT negase a recibir subvencions estatatais ou privadas -. Así mantemos a nosa independencia. A cuota de cada afiliado/a é a base que fai  posible a nosa autogestión.


Camiñamos hoxe cara o futuro

No hay comentarios: