28 sept 2013

DISNAV. ¿Unha empresa do século XXI?




A CNT de Betanzos "votará" por DISNAV para  o premio de empresa do ano, pola concepción moderna e non sexista das relacións laboráis.

DISNAV. Empresa situada no Polígono Industrial de Bergondo e dedicada a distribucción de productos navideños (cestos de nadal, lotes de empresas etc) sorprendendeunos estos días cunha insólita maneira de contratar .
Moitos dos que acudimos á súa oferta de emprego nas portas das súas oficiñas no Polígono de Bergondo, tivemos asombrados que facer "cola" dependendo do noso sexo. Non se trataba de ir ao WC antes da entrevista, non. 

Resulta que tan só os homes deben saber operar coa carretilla, mentras que para as mulleres reservavannos as labores de confección de cestos, cousa que os homes non deben saber facer, parece. Así que segundo foses home ou muller, tiñas que poñerte nunha ou outra. Ver para crer.

No hay comentarios: