Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,... únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.
Ante esta situación as organizacións sindicais CUT, CNT e CGT, están a
manter reunións para organizar mobilizacións conxuntas nas principais
cidades de Galiza, pola consecución dun sistema de pensións que garanta a
xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas.
Estes sindicatos fan un chamamento a colectivos sociais e
organizacións de traballadores/as para unirse a estas mobilizacións co
fin de conseguir entre todos poñer freo a esta nova agresión á clase
traballadora.
Central Unitaria de Traballadores (CUT)
Confederación Nacional do Traballo de Galiza (CNT)
Confederación Xeral do Traballo de Galiza (CGT)
No hay comentarios:
Publicar un comentario