A Seccion de Hostalaría do Sindicato CNT ven de interpoñer demanda contra a empresa LIMPERHOSTEL, S.L. que leva os locáis hosteleros máis coñecidos como "La Barraca" e que ten en Galicia 12 establecementos.
LIMPERHOSTEL que ten como administradora única a Elva Rodriguez Gonzalez recontratou aos traballadores de La Barraca que tiñan relación laboral con outra empresa YARE 2010, S.L. que tamén ten como administradora a Elva Rodriguez Gonzalez, polo que existe un fraude de Lei ao non existir subrogación. Todo esto faise para non recoñocer a antigüedade e dereitos das empregadas.
A Demanda da CNT producese tras o despido das tres compañeiras que viñan de formar a Seccion Sindical. Este despido comunicaselles tres días despois de que os seus contratos foran renovados e xusto cando a CNT faille chegar á empresa un comunicado pedíndolle tratar os asuntos relativos ao convenio (xornada laboral, días de descanso e retribuccións).
La Barraca non contenta con explotar aos seus empregados con xornadas de 60 horas, e salarios por debaixo do Convenio, quere por riba amedrentar as nosas compañeiras despedindoas para que non se organicen sindicalmente.
CNT fundamenta a sua demanda e considera que os despidos son NULOS por VULNERACION DE DEREITOS FUNDAMENTAIS e subsidiariamente IMPROCEDENTES con dereito a reclamación de cantidades e Indemnización.
Por outra banda, o Sindicato prepara para o mes de Maio unha concentración na praza do Campo desta vila, para mostrarlle ao pobo de Betanzos, que na CNT defendese ata o final aos que dan o paso de organizarse no sindicato.
Tamén informan desde a Seccion de Hostalaría que CNT prepara duas demandas máis contra outros tres establecementos: Dous en Betanzos e un terceiro no concello limítrofe de Coirós, dos que non revelamos os seus nomes ata que a demanda estea interposta no SMAC, para evitar represalias anticipadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario