Nos últimos días, neste sindicato estanse a recebir novedades importantes que continúan a fortalecer esta Organización. Os traballadores de Betanzos e Comarca deste sector estanse dando conta que defender os dereitos básicos establecidos no Convenio Provincial de Hostalaría, pódese facer se ademáis de iniciativa tes detrás un sindicato conformado por traballadores e asesorados por un equipo xurídico e sindical preparado.
A fama deste sindicato xa chegou ao Concello de Miño, e xa foron varios os traballadores/as que decidiron dar o paso e afiliarse. Non adiantamos os nomes dos establecementos hosteleiros por non darlle pistas aos seus proprietarios, pero pronto teredes noticias.
En Betanzos City, o café Bar GAIA chegou a un acordo co sindicato na Conciliación no SMAC, polo que CNT non abrirá conflicto con esta empresa, unha vez que a traballadora veu satisfeita todas as súas demandas.
No mes de Decembro celebrarase o Xuízo contra o Restaurante "O Paxeiro" xa que o seu proprietario negouse en conciliación a recoñecer a relación laboral, por non ter que pagar a cotización correspondente á Seguridade Social. Esta cabezonería nón e propria dun empresario que queira ter un negocio moderno. Estamos seguro de que vaille saír caro. Terá que pagarlle ao traballador, terá que pagarlle a Seguridade Social. Terá que pagar as costas do Xuízo e avogados, E o pior é que vaille quedar unha fama en Betanzos de Chapuceiro local. El saberá.
O Pirata ex- proprietario de "El Caserío" de Coirós e fuxido a terras nórdicas, xa foi localizado gracias á nosa rede de "espías sindicalistas". Buscou refuxio en Neda e Fene, e xa temos posta denuncia para que se faga efectiva a sentencia que lle obriga a pagar ás súas debedas aos traballadores. Tempo ao tempo.
E os nosos mellores amigos. Os piratas piratísimos de "La Barraca", pecharon o seu local de Betanzos. Alí pon por "Vacaciones del personal hasta el día 1".... pero abrir no parece que vaia abrir.
A xente aínda non sabe o que se esconde detrás deste negocio, pero os nosos "espías sindicalistas" que este mes non dan abasto, xa nos adiantaron que vailles caer un puro, deses que non chegan varios ceros. Quen sabe se fumos topar co Bárcenas betanceiro.
Esta novela vai dar que falar.
Asdo. Sección Hostalaría e Comercio. CNT Betanzos
No hay comentarios:
Publicar un comentario