Esta mañán os proprietarios do Gin-Café remataron coa súa terquedade e acabaron tendo que negociar o pago dunha indemnización polo despido e as horas traballadas no seu negocio hosteleiro,polo noso compañeiro Iván.
Na nosa Organización os afiliados deciden ata onde queren chegar, e así foi neste caso, xa que o acordo acadado satisface ao noso compañeiro que ve compensada de maneira ecónomica o xeito irregular de ser despedido verbalmente despois de ter traballado sen estar dado de alta na Seguridade Social.
A parte empresarial despois dunha larga negociación, tivo que ceder a súa inicial pretensión de non pagar pero a insistencia do sindicato que tiña xa preparada a demanda, obrigoulles a modificar a sua postura.
Desta maneira o conflicto co noso compañeiro queda finiquitado.
Pero CNT non vai consentir que os empresarios de Betanzos teñan empregados sen dar de alta polo que fará un seguimento intensivo para comprobar que no futuro esta situación non se volverá a repetir, nen no Gin Café nen en ningures.
Animamos a todos os traballadores en situación irregular a que denuncien xunto co sindicato ás empresas que están a explotarlles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario