Fai apenas tres meses, a CNT de Compostela informabamos da interposición contra Unixest, empresa creada pola USC para xestionar eventos e servizos da própria USC, de duas demandas por contratación temporal en fraude de lei e porincumprimentos en matéria de conciliación da vida laboral e familiar. A resposta de Unixest é a própria do empresariado privado, e procedeu a despedir ao traballador que reclamou os seus direitos laborais.
O despedimento susténtase nunhas supostas causas produtivas que son manifestamente falsas, en canto que o traballo realizado por este traballador era cada vez máis amplo e non se concretaba en ningún concreto encargo ou proxecto, senón que desempeñaba tarefas de carácter permanente. Para alén do máis, hai que acrecentar que en Unixest hai unha forte carga de traballo, pois a empresa obriga à realización de horas extra e existen, cando menos, dúas empresas subcontratadas para atender à carga de traballo.
Fai-se evidente que o motivo do despedimento non é outro que a simple represión contra un traballador que exercita o seu dereito à reclamación contra a empresa, o que constitúe un facto reprobábel e ilegal de todo ponto, posto que vulnera manifestamente a garantia de indemnidade dos traballadores e as traballadoras.
Desde a CNT exiximos entón a readmisión inmediata do traballador despedido e o cese de todas as accións intimidatórias e represoras por parte de Unixest, que hai que lembrar que é unha empresa constituida con 100% de capital da USC, polo tanto pública. Desde a CNT exiximos a existéncia duns servizos públicos de calidade, e entendemos que o início desta calidade está no respeito aos direitos laborais e sindicais dos traballadores e as traballadoras dos entes públicos, para alén de denunciar a manifesta tendencia privatizadora que supón a creación de empresas como Unixest.
No hay comentarios:
Publicar un comentario